Datas: 6 E 7 de MAIO de 2011

Dende aquela primeira edición do 2000, o Festival foi crecendo notablemente e convertiuse nun punto de encontro para miles de xóvenes, xornalistas e artistas procedentes de todos os puntos de España, Europa e incluso de outros continentes...
Polos seus escenarios vimos algunhas das actuacións que máis marcaron a escena musical galega, entre elas as de Placebo, Radio 4, The Divine Comedy, Echo & The Bunnymen, Los Planetas, Fangoria, Sexy Sadie, Manu Chao, Sunday Drivers, Fernando Alfaro y Los Alienistas, Lori Meyers, Sr. Chinarro, Catpeople, Delorean, The Blows, Nacho Vegas, Sidonie, Deluxe... Eles fixeron que non só o público manteña as súas actuacións na memoria, senón que recompensaron moi satisfactoriamente todo o traballo desenvolvido pola organización dende o seu primeiro ano. Pero ademáis o festival sempre se caracterizou polo apoio que lle brindou a grupos noveles que a día de hoxe grabaron xa discos, e son pezas importantes da escea musical nacional, por iso unha vez máis desde o Festival do Norte temos o pracer de ofrecer a posibilidade a bandas galegas de pegar o seu gran salto.

Máis información en www.festivaldonorte.com