Galinfancia é un salón de lecer infantil e xuvenil que oferta atraccións novidosas en cada edición para que os rapaces teñan unha alternativa saudable de lecer durante o baleiro que deixan as aulas nas vacacións de Nadal. Así, o visitante tipo son:

Rapaces de todas as idades.
Pais e nais que acuden cos seus fillos a disfrutar das atracción que se ofertan en FEXDEGA.
Xóvenes que buscan practicar deporte nun recinto pechado que non sufra as amenazas do tempo nun período tan propicio ao frío e ás precipitacións coma o nadal.