Onde estamos

Que facer

Paseo Marítimo da ConchaPaseo Marítimo da Concha

Vilagarcía ofrece numerosas posibilidades de lecer e tempo libre ó visitante. Durante o inverno existe unha programación estable de representacións teatrais e musicais e no verán son frecuentes as actuacións musicais na rúa.

Sete salas de cine na área lúdica do Porto Deportivo, garantizan estar á última nos estrenos cinematográficos.

Multitude de instalacións deportivas, cubertas e ó aire libre, permiten manterse en forma en calquera época do ano. Incluso é posible practicar o golf, pois Vilagarcía é socio do primeiro campo de golf público de Galicia, situado en Meis.

E por se esto todo fora pouco, non debemos esquecer un dos principais atractivos do municipio: o mar e as praias.

Por outra parte, a noite en Vilagarcía ten unha oferta para cada idade e case, case un local para cada estilo. As rúas peatonais próximas á Baldosa e á Alameda, o barrio do Castro e o Porto Deportivo destacan pola concentración da oferta hosteleira.

Pero case en cada rúa e en cada praza pódese atopar un bar ou cafetería que merece a pena visitar, sen olvidar por suposto os locais con encanto de Carril e Vilaxoán.

Ofrecémoslle a continuación unha guía das posibilidades de Ocio e Deportes, e outra guía das distintas alternativas para saír en Vilagarcía:


Guía de Ocio e Deportes Guía Sair en Vilagarcía
O noso agradecemento o Concello de Vilagarcía de Arousa pola cesión das Guías de Ocio e Deportes e Sair en Vilagarcía.
Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca