Fundación

Historia

Desde que en 1967, tres xóvenes entusiastas deron os primeiros pasos para realizar, en Vilagarcía de Arousa, un encontro entre agricultores que servira para conxugar as súas estratexias de cara a un mellor futuro, Fexdega non parou na súa progresión. Esta sinalada data convirte á Feira Multisectorial de Vilagarcía en pioneira dos salóns galegos.

1967 Vilagarcía celebra a primeira edición de FEXDEGA.

1980 O Ministerio de Comercio recoñece oficialmente a Feira de Vilagarcía, e na súa denominación recoñece o seu carácter de promotora do desenvolvemento da comunidade galega (Feiras e Exposicións para o desenvolvemento de Galicia -FEXDEGA-).

1993 Unha Fundación asume a organización do Salón Multisectorial e dá os primeiros pasos para a construcción do novo recinto.

1999 A Fundación, integrada pola Consellería de Industria e Comercio, o Concello de Vilagarcía e a Cámara de Comercio de Vilagarcía, profesionaliza a organización dos certames feirais coa contratación dun xerente.

2000 Comeza a construcción do novo Recinto Feiral Fexdega.

2001 Inaugúrase o novo Recinto de Fexdega, dotado das máis modernas tecnoloxías e comunicacións, e iníciase a elaboración dun calendario feiral.

2003 A entidade crediticia Caixanova pasa a formar parte da Fundación feiral.

2008 Fexdega conta xa cun calendario de catorce eventos feiriais.

Vista aérea Fexdega. Vilagarcia Vista aérea do Recinto Feiral Fexdega. Vilagarcía de Arousa
Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca