Fexdega Hall Entrada

HALL

Dotado de amplia iluminación natural, o espacioso hall do Recinto Feiral FEXDEGA, de 800 metros cadrados permite, por sí mesmo, albergar unha zona propia de exposición ou completar as dotacións dos eventos feirais, con espazos de recepción VIP. Así, por exemplo, este espazo permiteu a algúns operadores feirais transformalo nunha acomodada zona de estar, onde atender aos seus clientes, ofertándolles un café ou un viño. As estructuras modulares das que dispón o Recinto posibilitan, así mesmo, independizar este espazo do resto da nave feiral e convertilo nunha moderna e acolledora sala de exposicións para mostras de arte, feiras do libro, desfiles de moda ou actividades similares.