FexdegaExterior do Recinto Feiral Fexdega

A Fundación Fexdega, rexistrada pola Xunta de Galicia coma Fundación de Interese Galego, ten coma un dos seus obxectivos prioritarios destinar e afectar un patrimonio á realización, sen ánimo de lucro, de fins xerais de interese comunitario no seu ámbito territorial. En xeral, Fexdega adicarase á promoción de actividades comerciais, industriais, agroindustriais, culturais e calquera outra que teña por obxecto a promoción e desenvolvemento destes sectores, así coma a consecución dun axeitado nivel de vida no medio urbano e rural.

Na procura destes postulados, a Fundación propicia o desenvolvemento sociocultural do seu entorno para o que colabora con asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro na organización das súas actividades promocionais, de socialización, divulgación e de formación dos seus beneficiados.

Deste xeito, Fexdega colabora ou ten colaborado con Centros Educacionais de Vilagarcía, a través da inserción en prácticas dos alumnos dos seus módulos de formación, así coma cos damnificados polas inundacións rexistradas en Vilagarcía no outono do 2006 (apoio as campañas información realizadas dende a Consellería de Innovación e Industria) e coa xuventude de Vilagarcía a través de actividades de educación vial, e de divulgación do deporte e da cultura na sociedade, que se promoven dende o Concello.

A Fundación Feiral vilagarciana tivo tamén un importante papel no apoio aos damnificados polos danos do Prestige, tanto en tarefas de colaboración co almacenamento e distribución de materiais, xestionado pola Cámara de Comercio, coma no impulso de actividades de recadación de fondos, promovidas polo colectivo Marea Branca

Ademáis, Fexdega colabora ou ten colaborado con outras entidades sen ánimo de lucro, ongs e outros colectivos benefactores, entre eles: