PRENSA BASKET CUP: Khimky de Moscú e a Selección Galega pechan o cartel da Basket
Data da nova: 12/02/2008
A organización da Basket Cup ten pechado o cartel do campeonato que se disputará no Recinto Feiral Fexdega entre o 19 e o 22 de marzo de 2008. A Selección Galega Xove e o conxunto ruso do Khimky, serán os equipos que xogarán xunto ao Zalgiris Kaunas e o Mega Aqua Monta de Serbia. Os moscovitas tomarán o relevo do Dynamo e do CSKA.
A Selección Galega Xove participará por segunda vez na Vilagarcía Basket Cup tras o seu estreo hai doce meses. A selección ten a posibilidade de xogar novamente no Vilagarcía Arena diante de miles de espectadores. Os galegos terán que facer unha
selección formada por xogadores sub20, con dous xogadores sub22, aínda que se rexirán polas mesmas normas que os equipos nacionais do circuíto sub20.
Xunto á Selección Galega, cuya formación correrá a cargo da Federación Galega de Baloncesto, acudirá ao torneo de Vilagarcía a nova revelación do baloncesto ruso, o Khimky de Moscú. O conxunto moscovita, que este fin de semana, gañou a Copa Rusa ao vencer na final ao CSKA de Moscú, o gran dominador do baloncesto dese país, será o terceiro conxunto ruso que acuda a Basket Cup. O Khimky acudirá ata Vilagarcía con cinco xogadores membros das seleccións sub18 e sub19. Foi, ademáis, campeón de Europa este verán tras gañar a España na final do Eurobasket.
Con estas incorporacións, a Vilagarcía Basket Cup pecha o seu cartel. No grupo A xogarán o Real Madrid, Axa Barcelona, Unicaja Málaga e Cai Zaragoza. No grupo B, atoparanse o Zalgiris Kaunas, Mega Aqua Monta, Khimky e Selección Galega Xove. Este ano o campeonato volve ao formato de catro días de duración. Empezará o mércoles 19 e acabará o sábado 22 de marzo. Este ano, dado que o 19 de marzo é festivo en Galicia, a organización oferta máis opcións e novidades aos milleiros de persoas que apoian ano a ano ao noso torneo.