Máis de 5.000 personas pasaron xa pola feira

Galinfancia continúa aberto ata o domingo e a pista de xeo ata o día 20 de xaneiro

Data da nova: 09/01/09

Galinfancia, a 7ª Feira de Lecer Infantil e Xuvenil posta en marcha no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, continúa aberta con todas as atraccións ata o vindeiro domingo, día 11 de xaneiro, data en que pecharán as atraccións propias das festas mentres que a pista de xeo aínda estará operativa ata o día 20 de xaneiro.

           

Os organizadores de pista de xeo, esto é, a empresa Hielo Emoción reservan as mañás para grupos procedentes de colexios, para os que fan un prezo especial de 3 euros por neno. Para reservar este horario con este prezo é necesario contactar con Diogo Ponte no teléfono 635 96 74 15 ou nos seguintes enderezos de correo electrónico sep@sep.es ou rmartin@sep.es

 

            Aínda que non se dispón de datos definitivos, Galinfancia recibiu ata o de agora, cando aínda fallan dous días para o seu peche, (11 si se ten en conta tamén a pista de xeo) a visita dunhas 5.000 persoas. Esta é a cifra que se prevía para a totalidade das xornadas feirais.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca