O Recinto rexistrou o pasado ano 232 días de actividade e máis de 131.000 visitantes

FEXDEGA ultima un calendario de previsións para 2009 con unha quincena de eventos

Data da nova: 16/01/2009

A Fundación FEXDEGA prevé celebrar este ano, a lo menos 15 citas, un número similar as realizadas en anos anteriores, (no 2007, o número de eventos ascendeu a 15 e no 2008 foron 17 si ben a principios de ano prevíanse 15) polo que se pode dicir que se mantén a actividade no Recinto dos últimos anos. É, non obstante, un calendario de previsións que pode sufrir variacións ao longo de ano, tanto por baixas coma por altas.

A principal novidade é unha feira de motos que o Arosa S.C. prevé organizar no Recinto Feiral FEXDEGA e que tería lugar do 27 ao 29 de marzo. Trátase  dunha feira de nova creación para a que xa se deron os primeiros pasos (deseño de material promocional, productos que se exporán, orzamento...), aínda que falta por concretar o proxecto de comercialización para que a cita se dea como definitiva. Nela poderíanse ver, ademais dos últimos modelos de motos, e motos de auga, equipamentos, material téxtil especializado, aseguradoras, autoescolas...

Expoferta ZonaAberta (do 6 ao 8 de marzo), a Vilagarcía Basket Cup (do 8 ao 11 de abril), dúas Exposicións nacionais e unha Internacional Canina, concretamente a 53 e a 54 nacional e a 22 internacional, a Feira Multsectorial FEXDEGA (do 9 ao 12 de outubro), Galinfancia (a partir do 18 de decembro) e tamén un salón de automóbiles de ocasión, que está en proxección,  son as outras citas feirais que están previstas no Recinto para este ano.

Non esta incluido o Salón do Viño, VINTECH, nesta previsión por estar pendiente de si a cita se celebrará nos anos pares ou impares. FEXDEGA e Planner-Proceltha, organizadores deste evento analizan o calendario nacional antes de decidir a data desta celebración.

Asimesmo, FEXDEGA albergará o Parque de Educación Vial (do 26 de xaneiro ao 13 de febreiro), a Festa do Deporte (19 e 20 de febreiro), a 45 Exposición Internacional da Camelia (28 de febreiro e 1 de marzo) a Festa da Lingua (o 30 de abril), o Festival do Norte (1 e 2 de maio), e os Concertos de San Roque. En total, unha quincena de eventos, dos que a lo menos dous, Basket Cup e a Exposición Internacional Canina, terán proxección internacional, na medida en que ambas aportarán participantes procedentes do estranxeiro.

 Neste sentido, cabe lembrar que as Exposicións Nacionais e Internacional Canina aportaron o pasado ano máis dun milleiro de cans procedentes de 14 países distintos, o que da unha idea da repercusión que supón a cita para a comarca de Arousa, en ocupación hoteleira e gasto na zona.

Con un calendario similar, de 17 eventos, dos que sólo 15 estaban previstos ao comenzar o ano, FEXDEGA rexistrou, no 2008, 232 días de ocupación. Esta cifra inclúe a montaxe e a desmontaxe dos eventos e desglósase do seguinte modo: 19 en xaneiro, con Galinfancia e o parque de educación vial; 24 en febreiro, co parque de educación vial e a Festa do Deporte); 28, en marzo, co Vilagarcía Basket Cup, e varios actos na sala de conferencias; 25, en abril coas feiras caninas, a Xira Galega Karting Indoor e a Festa da Lingua, entre outros actos na sala de conferencias; 15 en maio, co Festival do Norte, e varios actos na sala de conferencias; 19 en xuño, con ACUI, entre outros; 20 en xullo, co Campionato de Dardos Electrónicos, entre outros; 20 en agosto, con Galaecia.net e os concertos de San Roque; 11 en setembro, ca Festa anual do PSdG-PSOE e varios actos na sala de conferencias; 16 en outubro coa Feira Multisectorial e a montaxe da Feira de Mobiliario, 18 en novembro coa Feira de Mobiliario Portugués e 16 en decembro coa Gala de AFASAL e Galinfancia.

Con ese calendario, FEXDEGA recibiu en 2008 a visita de 131.075 vistantes.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca