Unha das principais novidades son os productos de escaparatismo procedentes de grandes cadeas multinacionais, que se venden por primeira vez en Arousa.


Expoferta sortea a crise con descontos por riba do 80% en textil e calzado

Data da nova: 02/03/09

A Feira de Rebaixas e Lecer, EXPOFERTA ZONABERTA, que se celebrará do 6 ao 8 de marzo no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía, fará fronte a crise económica aplicando descontos que oscilan entre un 50% e un 80% en calzado e roupa infantil, xuvenil, peletería e de deportes. O propietario dalgún establecemento aseverou que, incluso, supera este porcentaxe porque a súa intención é liquidar toda a mercadoría.

 

            Os descontos son un pouco inferiores en xoiería e perfumaría porque, segundo aseguran os expositores, a marxe de ganancia nestes sectores é moi inferior polo que a reducción no prezo nestes stands será dun 20%. Para compensar está, por exemplo, un establecemento de sanitarios que venderá por debaixo do prezo de custe. O mesmo afirma unha tenda de confección procedente da comarca de O Barbanza que, segundo manifestou venderá por debaixo da marxe de ganancia para desfacerse de todo o stock.

 

            Tamén en lencería os descontos superan o 50%, mentres que en xoguetería rondan o 15%. O establecemento de bicicletas e recambios acada, sen embargo, entre o 50% e o 70% de descontos.

 

            En resumo, pódese dicir que mais dun 90% dos establecementos expostos teñen descontos por riba do 50%  e se esta análise se traslada só a confección e calzado son moitos os que acadan o 80%.

 

            A feira caracterízase pola venta e exposición de variadas marcas de calidade. Cada comercio trae unha media de 8 marcas polo que en total suman máis de 600.

 

            Unha das principais novidades da feira serán os productos de escaparatismo, procedentes dun comercio de A Estrada. O propietario do establecemento venderá artigos que estiveron expostos nos escaparates de grandes firmas multinacionais e que se venderán en Arousa por primeira vez. Tamén aquí o expositor asevera que vende por debaixo do seu coste nalgúns productos e noutros aplica ata un 80% de desconto.    

 

EXPOFERTA ZONABERTA abriuse este ano por primeira vez a expositores non socios o que propiciou a entrada masiva de comerciantes e tamén conseguiu que entraran sectores pouco habituais noutras edicións coma xogos de ordenador, saneamentos ou tallas grandes. En concreto, a feira reunirá sectores tan variados coma roupa infantil, xuvenil e de adultos, animais, bicicletas, calzado, lencería, xoiería, peletería, complementos, roupa de deportes, óptica, xoguetería, enxoval de fogar, perfumería, deportes, productos de perruquería, bixutería, electrodomésticos, mobiliario e decoración e, incluso, estampacións para uñas e spa.   

 

Os expositores, preto dun cento, proceden non solo de toda a comarca do Salnés, Vilagarcía, Cambados, Vilanova e Sanxenxo, se non que tamén acoden de localidades moito mais afastadas do núcleo de comercialización de Zona Aberta como Santiago, Bueu, Pontecaldelas, Poio, Baiona, Boiro, A Pobra, A Estrada, Marín ou Lalín.

 

O horario de EXPOFERTA ZONABERTA, o salón coorganizado pola FUNDACIÓN FEXDEGA e a Asociación de comerciantes de Vilagarcía, ZONA ABERTA, será este ano de 12.00 a 22.00 horas. O público asistente pagará unha entrada simbólica de 1 euro.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca