Expoferta Zonaberta estará caracterizada pola venda de marcas de calidade

Data da nova: 04/03/09

A Feira de Rebaixas e Lecer, EXPOFERTA ZONABERTA, que se celebrará do 6 ao 8 de marzo no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía, caracterizarase pola venda de artigos de coñecidas marcas de calidade. Todos os establecementos expostos traen unha media de 6 a 10 marcas recoñecidas no seu ramo polo que o público terá a garantía de comprar so productos con boas referencias.

 Pola súa parte, a organización contribúe a incrementar este valor engadido dos artigos esixindo unha presentación acorde coa calidade que se vende. Así, a práctica totalidade dos expositores acoden a feira con un stand modular, que homoxenizan a feira e onde se inclúe unha iluminación axeitada. Tamén as etiquetas cos descontos dos productos serán iguais para todos os expositores e as cores da moqueta combinan cas cores da cartelería, isto é, coa imaxe da feira.  Ademais, a organización distribúe entre os expositores bolsas coa imaxe da feira para homoxenizar aínda mais esta imaxe.

 Esta é a feira máis grande das celebradas ata o de agora na provincia, tanto por número de expositores coma por metros cadrados de exposición. En total, serán 83 stands e 3.500 metros cadrados de exposición. Tamén é o salón de stocks de maior tamaño dos celebrados ata o de agora en FEXDEGA e un dos máis variados, xunto coa Feira Multisectorial en canto a sectores representados.

EXPOFERTA ZONABERTA abriuse este ano por primeira vez a expositores non socios da Asociación de Comerciantes local Zona Aberta o que propiciou a entrada masiva de comerciantes e tamén conseguiu que entraran sectores pouco habituais noutras edicións coma xogos de ordenador, saneamentos ou tallas grandes. En concreto, a feira reunirá sectores tan variados coma roupa infantil, xuvenil e de adultos, animais, bicicletas, calzado, lencería, xoiería, peletería, complementos, roupa de deportes, óptica, xoguetería, enxoval de fogar, perfumería, deportes, productos de perruquería, bixutería, electrodomésticos, mobiliario e decoración e, incluso, estampacións para uñas e spa.  

Os expositores, preto dun cento, proceden non solo de toda a comarca do Salnés, Vilagarcía, Cambados, Vilanova e Sanxenxo, se non que tamén acoden de localidades moito mais afastadas do núcleo de comercialización de Zona Aberta como Santiago, Bueu, Pontecaldelas, Poio, Baiona, Boiro, A Pobra, A Estrada, Marín ou Lalín.

O horario de EXPOFERTA ZONABERTA, o salón coorganizado pola FUNDACIÓN FEXDEGA e a Asociación de comerciantes de Vilagarcía, ZONA ABERTA, será este ano de 12.00 a 22.00 horas. O público asistente pagará unha entrada simbólica de 1 euro.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca