Dúas educadoras atenderán a gardería montada na feira coa colaboración do Concello, en horario de tarde

Expoferta Zonaberta abrirá as súas portas co obxectivo de superar as 10.000 visitas en tres días

Data da nova: 05/03/09

A Feira de Rebaixas e Lecer do Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía,  EXPOFERTA ZONABERTA, abrirá mañá as súas portas as 12.00 do mediodía co obxectivo de batir a cifra de 10.000 visitantes nos tres días que se manterán expostos os artigos dos 83 expositores que participan na mostra.
 
 Unha das principais características da exposición é a existencia dunha gardería con capacidade para uns 20 rapaces que estará aberta mañá, venres, de 16.00 a 22.00 horas, e o sábado e o domingo de 16.30 a 22.00. Este espacio de recreo, organizado coa colaboración da Concellería de Xuventude, ten coma obxectivos proporcionar uno espacio lúdico educativo aos rapaces que asistan á feira e posibilitar aos maiores o disfrute do salón coa tranquilidade de que os nenos están ben atendidos. 

 Entre os obxectivos específicos que se promoverán na gardería figuran o fomento da  creatividade e o traballo en grupo, e estimular o interese polas actividades manuais e os xogos tradicionais.

 Así, os talleres que se organizarán o venres serán o de muiños de vento, lapiceiros de debuxos animados, os tres en raia e antifaces. O sábado xogarase cos nenos a facer “o pe de páxina dos soños”, polvos de papiroflexia, maquillaxe e colares de folios de cores e o domingo os talleres versarán sobre flores recicladas, avións e barquiños de papiroflexia, colás e globoflexia.

 Ademais todos os días haberá actividades complementarias como xogos cooperativos, cancións, animación a lectura, debuxos, puzzles e xogos de mesa.

O horario de EXPOFERTA ZONABERTA, o salón coorganizado pola FUNDACIÓN FEXDEGA e a Asociación de comerciantes de Vilagarcía, ZONA ABERTA, será este ano de 12.00 a 22.00 horas. O público asistente pagará unha entrada simbólica de 1 euro.

Por primeira vez o salón celébrase coincidindo co fin da temporada de rebaixas de inverno xa que nas anteriores ocasións tivo lugar ao final do verán.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca