A alcaldesa de Vilagarcía inaugurou o certamen que se presenta como un auténtico centro comercial outlet no centro da cidade. A organización reparte enquisas a todos os que compren unha entrada. Con ela poderase participar no sorteo de agasallos

O público abarrota EXPOFERTA ZONABERTA na xornada inaugural

Data da nova: 06/03/09


 A alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez, xunto co vicepresidente da Deputación provincial, José Juan Durán Hermida, a vicepresidenta de FEXDEGA, Rosa Abuín Rodríguez e a presidenta da asociación de comerciantes Zona Aberta, entre outras autoridades, deron o pistoletazo de saída ao salón Expoferta Zonaberta que estará aberto no Recinto Feiral FEXDEGA dende hoxe, venres, ata o próximo domingo, día 8 de marzo. FEXDEGA convertirase así durante tres días nun auténtico centro comercial outlet de 3.500 metros cadrados ao que acudir sen saír da cidade.  

 O éxito da mostra reflectiuse na asistencia de público durante a xornada inaugural. A hora de redactar este comunicado multitude de persoas abarrotaban stands e corredores do salón.

 Trátase dunha zona de exposición co dobre de stands que os que se puxeron noutras feiras de rebaixas celebradas en FEXDEGA. Ademais, Expoferta Zonaberta é a feira de stocks máis grande das que se teñen celebrado ata o de agora na provincia e unha das máis grandes das celebradas en Galicia xa que a cifra media de postos en cada un destes salóns é de 30 ou 40. Nos casos máis sobresaíntes acádase a cifra de 60 expositores, pero moi rara vez se superan os 80. 

 Tamén os descontos acadan aquí unha porcentaxe moi elevada, en moitos casos, sobre todo en confección e calzado elévanse ata un 80%. Incluso hai casos nos que os comerciantes venden por debaixo do prezo de custe porque pretenden liquidar toda a mercadoría.

 Expoferta Zonaberta caracterízase pola venda de marcas de calidade. Cada expositor trae productos de 6 ou 7 marcas distintas. En total, suman máis de 600 marcas representadas.
 
 Outra das principais características da exposición é a existencia dunha gardería con capacidade para uns 20 rapaces que estará aberta o sábado e o domingo de 16.30 a 22.00. Este espacio de recreo, organizado coa colaboración da Concellería de Xuventude, ten coma obxectivos proporcionar un espacio lúdico educativo aos rapaces que asistan á feira e posibilitar aos maiores o disfrute do salón coa tranquilidade de que os nenos están ben atendidos.

 A organización entrega unha enquisa entre todos os que merquen unha entrada. Os que a cumplimenten e a depositen nunha urna situada no stand de Zona Aberta participarán nun sorteo de agasallos, doados polos comerciantes, que se fará cada noite antes do peche do salón.  A enquisa valerá para coñecer de onde procede o público, onde viu a publicidade e se está satisfeito cos productos que se expoñen, entre outras cuestións.  

 O horario de EXPOFERTA ZONABERTA, o salón coorganizado pola FUNDACIÓN FEXDEGA e a Asociación de comerciantes de Vilagarcía, ZONA ABERTA, será este ano de 12.00 a 22.00 horas. O público asistente pagará unha entrada simbólica de 1 euro.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca