Máis de 14.000 persoas visitaron Expoferta durante os tres días de feira

Data da nova: 08/03/2009

A falta de dúas horas para o peche do salón, estímase que máis de 14.000 persoas visitaron a feira de stocks do Recinto Feiral FEXDEGA, Expoferta Zonaberta, durante os tres días que durou a súa celebración.

 Sólo na xornada do venres xa se rexistraron 3.500 persoas, cifra que foi superada na xornada do sábado e tamén na do domingo.

 Os visitantes procedían sobre todo da comarca de O Salnés, pero as enquisas realizadas arroxaron como resultado que acudiu público de localidades tan lonxanas como Nigrán ou Narón. Pontecaldelas, Sanxenxo, Moaña, Ribeira, Caldas ou Boiro foron outras localidades de onde se deixaron ver visitantes.

 A organización considera un gran éxito a celebración desta feira, xa que se ten superado con creces a cifra de visitantes prevista. Tamén se consideran acertadas as datas elexidas para a celebración da feira, que antes se facía na temporada de verán.

 Desde a FUNDACIÓN FEXDEGA valórase moi favorablemente a apertura do evento a comercios non socios de Zona Aberta e márcase coma un reto o crecemento do número de expositores permitindo a entrada de comercios de calquera localidade. Así, segundo apuntou o xerente de FEXDEGA, Juan Luis Callón Cameán, o obxectivo é encher os 11.500 metros da nave feiral de FEXDEGA de stands con productos de stocks. Callón Cameán tamén apostou por seguir colaborando con Zona Aberta para organizar esta feira de rebaixas.  

 Pola súa banda, trala revisión dalgunhas enquisas, extraese a conclusión de que a xente valorou positivamente os productos expostos e a maior parte dos expositores mostráronse satisfeitos cos resultados do salón. Non en van boa parte do público se vía saír con bolsas na man. 

 Hai que lembrar que os descontos acadaban un 80%. Incluso había casos nos que os comerciantes vendían por debaixo do prezo de custe porque pretendían liquidar toda a mercadoría.

 Expoferta Zonaberta caracterízase pola venda de marcas de calidade. Cada expositor traía productos de 6 ou 7 marcas distintas.

 Por outra banda, os premiados no sorteo do día 7 de marzo son os seguintes:
Orlando Cores Costas, de Cambados; Lucía Paz Diz, de Vilagarcía; Carmen Barros  Castro, de Narón; María Rosa Ageito Baños, de Vilagarcía; Laura Abalo Treviño, de Vilagarcía; Laura Sonsone, de Cambados; Rosa Luz Fernando Gestoso, de Vilagarcía; Serafin Caeiro Martínez, de Cuntis; José Guillermo Agraso Gonzálvez, de Vilagarcía; Balbina Cores Piñeiro, de Vilagarcía; Delfina Alvárez Domínguez, de Vilagarcía; José Ricardo Rodríguez, de A Illa; Maricarmen Barbeito Falcón, de Cambados; Ester Buján Buceta, de Vilagarcía; Berta LLoro del Río, de Vilagarcía; Irene Araújo Montes de Vilagarcía; Oscar Cardalda Núñez, de Vilagarcía; José Torres Maceiras, de Pontevedra; Carmen Quintáns Muñiz, de Vilagarcía e Alicia Martínez de Caldas.

Os agasallos poderanse recoller nas oficinas de Zona Aberta, de Vilagarcía.
 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca