Os rapaces poderán acceder a este área, aportada por Caixanova, dende o xoves, 9 ata o domingo, 12


FEXDEGA abrirá unha zona de lecer gratuita para nenos en Semana Santa

Data da nova: 30/03/09

 

Os rapaces poderán acceder a este área dende o xoves, 9 ata o domingo, 12

Unha zona lúdica de 800 metros cadrados estará aberta gratuitamente para os nenos en Semana Santa en FEXDEGA

Caixanova aportará os xogos que terán un reclamo turístico
 
O Recinto Feiral FEXDEGA e o Club Baloncesto Vilagarcía crearán en Semana Santa no Recinto Feiral FEXDEGA unha zona lúdica de Caixanova na que rapaces de tódalas idades poderán facer uso de distintos xogos nun área recreativa de 800 metros cadrados. Os espacios de divertimento, catro en total, serán de uso totalmente gratuíto e poderanse disfrutar de xoves, 9 de abril, ata o domingo, día 12.

En concreto, haberá catro áreas de xogos: un parchís no que os tiros de ficha fanse en canastras de baloncesto; unha zona de xogos tradicionais, onde se poderán practicar carreiras de sacos, rayuela, damas, tres en raia...; unha carpa de lecer con xogos dixitais, con Wii e xogos interactivos, gardería, xogos educativos, xogo de Galicia e unha ludoteca onde se instalarán dous inchables, un tobogán e unha casiña.

Este área, totalmente moquetada, ocupará unha parte da nave feiral de FEXDEGA a que se poderá acceder gratuitamente. Outro acceso, situado no interior do pavillón, dará paso, cunha entrada de pago, a cancha onde se disputará o torneo de baloncesto sub 18 Vilagarcia Basket Cup.

A zona lúdica de Caixanova cumprirá así tres obxectivos: Por un lado, ofrecer un tempo de lecer para os rapaces no período non lectivo de Semana Santa, por outro ofrecer aos turistas que se acerquen por Vilagarcía un espacio de divertimento para os cativos, e, por último, servir de gardería para que os pais que desexen disfrutar do torneo teñan un lugar onde deixar aos nenos, xa que cada un destes xogos estará controlado por un monitor.

Esta zona lúdica estará aberta de 11.00 a 21.00 horas, de xoves a sábado e de 11.00 a 19.00 horas o domingo.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca