147 equipos de Galicia e Portugal disputarán en FEXDEGA a Vilagarcía Basket Cup Base

Data da nova: 07/04/09

Un total de 1.900 participantes, integrantes de 147 equipos, participarán esta Semana Santa en FEXDEGA no torneo Vilagarcía Basket Cup Base, que se disputará do 9 ao 12 de abril.

Os participantes proceden das catro provincias galegas, así como de Portugal e están adscritos as categorías alevín e infantil. Trátase dun torneo paralelo á disputa das oito seleccións nacionais sub 18 que terá lugar na cancha principal que estará instalada en FEXDEGA para as mesmas datas. Para máis información pinche aquí http://www.vilagarciabasketcup.es

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca