FEXDEGA acollerá a Festa da Lingua o vindeiro xoves, 30 de abril

Data da nova: 27/04/09

O Recinto Feiral FEXDEGA acollerá o vindeiro xoves, día 30 de abril, o premio literario Frey Martín Sarmiento, no que cinco escritores en lingua galega, escollidos por mais de 5.500 lectores, recibirán un premio en medio da chamada Festa da Lingua, que consiste en faladoiros cos escritores finalistas, xogos populares, contacontos, concertos, inchables...

O premio literario Frei Martín Sarmiento está organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Federación dos Colexios de ensino concertados de Galicia (FEREGA). Os alumnos e alumnas son os membros do xurado que escollen a obra gañadora, que haberá de ser obrigatoriamente un título publicado.

 Os rapaces len os libros finalistas e despois danlle unha calificación sobre a que se decide o gañador. No premio hai cinco categorías: unha para nenos de 1º e 2º de primaria, a segunda para nenos e nenas de 3º a 5º de primaria, a terceira para rapaces de 6º de primaria a 2º de ESO e a cuarta para rapaces e rapazas de 3º de ESO a bacharelato. Este ano hai unha quinta categoría para adultos vinculados a colexios concertados (profesores, pais, nais...).

 Esta entrega de premios coincide coa entrega de premios do concurso de curtametraxes Reccurta que tamén está organizada pola mesma institución que o premio literario e na que participan os alumnos e alumnas dos colexios da FERE. Os galardóns non inclúen cantidade algunha en metálico. Son un azulexo gravado do artista coruñés Francisco Pérez Porto.

Os finalistas en cada unha das categorías son:

PRIMEIRA CATEGORÍA (1º e 2º):

Fina Casalderrey, Apertas de Vainilla. Galaxia

Fina Casalderrey, Un cabalo de Lume. Baía Edicións

Corcón Ribadulla, O sorriso de Claudia. Sotelo Blanco

SEGUNDA CATEGORIA (3º a 5º)

Fina Casalderrey. A Lagoa das nenas mudas. Xerais

Marcos Sánches Calveiro. O carteiro de Bagdag. Tambre

Xosé Miranda. A nena pálida. Tambre

TERCEIRA CATEGORIA (6º de primaria a 2º de ESO)

Implicados no deseovol. O son das buguinas. Xerais

Francisco Castro. O ceo dos afogados. Xerais

Jaureguízar. Plastilina nos pulmóns. Tambre

CUARTA CATEGORÍA (3º de ESO a Bacharelato)

Singala Núñez. Comedia Bífida. Galaxia

Agustín Fernández Paz. O único que queda é o amor. Xerais

Rafael Lema. U-49.Tambre

QUINTA CATEGORIA (Adultos)

Sechu Sende. Made in Galiza. Galaxia

Anxos Sumai. Así nacen as baleas. Galaxia

Marina Mayoral. Case perfecto. Xerais

 

 

 

 

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca