A exposición conta con mais de 1.300 cans inscritos nas distintas probas, así como para obter o rexistro inicial de raza. Participarán exemplares de EE.UU, Italia, Francia e Portugal.

Un milleiro de persoas traerán este fin de semana os seus cans a FEXDEGA para amosar a súa beleza

Data da nova: 05/05/2009

O Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, ocupará a vindeira fin de semana a súa nave con dúas exposicións nacionais caninas, concretamente a 53 Exposición Nacional de C.A.C, (Certificado de Aptitude de Campeonato)  a 54 Exposición Nacional C.A.C. de Galicia, e unha internacional, a 23 Exposición Internacional Canina C.A.C.I.B (Certificado de Aptitude de Campeonato Internacional de Beleza), mostras nas que é posible participar este ano na comunidade galega para obter puntuacións válidas para os títulos de campeón nacional e internacional.

           A exclusividade das probas desta comunidade en Vilagarcía fai que concurran máis de 1.150  de exemplares, entre as probas do sábado e as do domingo, e 155 cans que acoden para obter o rexistro inicial de raza. Isto engadido ás mascotas que participarán nas probas monográficas supón máis de 1.300 exemplares que participarán na mostra.

            Son preto de un milleiro de propietarios o que suporá miles de visitantes á cidade e a comarca, xa que a maioría veñen acompañados e arrastran tras de si a un público afeccionado. Ademais, dáse a circunstancia de que este ano a maioría veranse na obriga de pernoctar na cidade dúas noites, dado que os concursos comezan ás 9.00 horas do sábado e ás 9.00 do domingo, e perduran ao longo de toda a xornada, sen peche ao mediodía. 

           Este ano participan propietarios de catro países. Concretamente hai un de Estados Unidos, tres de Italia, dous franceses e 35 de Portugal.

             A xornada do sábado, que se desenvolverá entre as 9.00 horas e as 19.30 aproximadamente contará tamén con un concurso monográfico de schnauzer.

  Unha exposición de interese para todos os afeccionados aos cans

                   A Federación Cinexética Internacional ten actualmente recoñecidas 360 razas caninas. Unha das principais  funcións que teñen este tipo de exposicións para o público xeral é dar a coñecer as distintas razas e por en contacto tanto aos criadores coma aos afeccionados. Nas exposicións, os visitantes teñen a ocasión de facerlle preguntas aos criadores de cada unha das razas, ver os traballos de perruquería canina in situ e informar sobre as características especiais de cada raza. 

 Así mesmo, neste tipo de mostras pódese coñecer como é un cachorro e como será ese can en idade adulta e así poder tomar a decisión axeitada á hora de adquirir unha mascota. Tamén é posible asesorarse sobre como se pode adquirir o pedigree para un can ou calquera outra dúbida de motivación canina.

            En España, seis de cada dez  fogares teñen a lo menos un animal de compaña. En total, hai 20 millóns de mascotas, dos que 5,5 millóns son cans. Estímase que cada familia gasta ao ano na súa mascota uns 1.500 euros. Todos estes datos son un reflexo do especial interese que ten para a comarca esta exposición que se celebrará en FEXDEGA a vindeira fin de semana isto é, o sábado 9 e o domingo 10 de maio, por sexta vez.

             A entrada á exposición ten un custe de 5 euros para o público en xeral.          

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca