Dous cans adestrados farán unha exhibición de obediencia en FEXDEGA con saltos en medio do lume e outras complexas probas. As demostracións terán lugar o sábado á tarde e o domingo pola mañá. O Club de adestramento Canino De Torvi fai unha xira por toda España con esta proba 


Dúas exhibicións de adestramento de cans colmarán as expectativas do salón canino de FEXDEGA

Data da nova: 07/05/09

As exposicións nacionais e internacional canina que se celebran en FEXDEGA os vindeiros días sábado 9 e domingo 10 de maio contarán con unhas exhibicións de especial atractivo para o público. Por un lado o Club de Adestramento Canino De Torvi, de Granada, amosará o traballo e a obediencia dos seus dous mellores cans. Uns pastores belga malinoise de catro anos que levan outros tantos entrenando para obedecer rigurosamente calquera orde que lle dea o seu dono. Así, por exemplo, son capaces de atravesar un aro de lume e de saltar un obstáculo de metro e medio de alto ou de permanecer impasibles ante calquera ataque porque este non vai contra o seu dono. Esta exhibición será o sábado, día 9, sobre as 19.30 horas, e o domingo, día 10, sobre as 13.30. Previamente, ámbolos dous días os cans policía da Garda Real farán o seu propio espectáculo.

 Os exercicios de obediencia dos cans do Club Canino De Torvi inclúen unha proba consistente en dar o número de ladridos exactos que lle indica o seu dono, outra que implica tres minutos de posicións sentado, deitado e de pe; recollida de obxectos, quitar a gorra dun suposto personaxe malo da escenificación ou recollida dun taco pertencente ao seu dono polo olor.

 A medida que avanza a posta en escena deste espectáculo, os protagonistas, que serán un can, un guía, un malo, e o speaker, os exercicios complícanse. Así, este traballo, que require catro anos de duras probas e un cansancio moi grande para o animal –tal é así que son necesarios dos cans porque un solo non aguantaría toda a exhibición- inclúe desatar ao guía despois de que este fora maniatado ou recoller so as chaves do dono cando hai varias tiradas no chan.

 Nos exercicios de traballo unha das probas consiste en gardar un obxecto coma si fora unha casa ou simular un ataque do malo e protexer ao seu amo. Tamén hai exercicios de indiferencia, mediante os que dúas persoas do público simulan unha pelexa pero o can non interven porque o seu dono non resulta atacado. Algo parecido se fai cos disparos dunha bala de fogueo. Pese a que en condicións normais o can respondería ao estímulo, neste caso non fuxe, sigue protexendo ao seu guía.

 Hai tamén exercicios de fantasía, coma a de facer pasar a mascota polo medio dun aro de lume.

 Os animais escollidos para esta exbihición son pastores belgas malinoise uns cans ideais para este traballo. Cadrados, non moi altos, pero sí axiles e incansables. Segundo explica unha das responsables do club, Elena Miñolo, para un adestramento básico son necesarios tres meses, catro veces por semana durante unha hora, mentres que para un traballo complexo coma este é preciso un traballo diario durante os catros anos de vida que teñen estas mascotas. 

 Esta demostración estase a facer por toda a xeografía española. En Galicia haberá outro espectáculo similar no mes de xuño en Porto do Son.  

 As exposicións caninas que se celebran en FEXDEGA darán comezo o sábado ás nove da mañá. Ese día rematan sobre as oito da tarde, mentres que o domingo empezan tamén as nove pero rematan sobre as 18.30 horas. O maior número de razas poderase ver o domingo pola mañá, que é cando ten lugar a exposición internacional e unha das nacionais, pero os cans de maior beleza, ou os mellores exemplares da súa raza, poderanse contemplar o domingo a tarde, xa que son os que chegan a final do concurso.
 


 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca