A Feira, que se celebrará os días 13, 14 e 15 de novembro, está coorganizada coa firma Eventos del Motor, de amplia experiencia no sector

FEXDEGA lanza o primeiro salón do automóvil usado e de ocasión

Data da nova: 08/09/09

            O Recinto Feiral FEXDEGA de Vilagarcía de Arousa celebrará os días 13, 14 e 15 do vindeiro mes de novembro VILAGARCIA AUTOCASION 2009, o I Salón do Vehículo Usado e de Ocasión, no que estarán representados os sectores de compra e venda de automóviles, motocicletas, restauración, repostos, pezas, accesorios, aseguradoras e empresas afíns.

 

            O Salón estará coorganizado pola Fundación FEXDEGA e a empresa Eventos del Motor, unha firma con dilatada experiencia na celebración deste tipo de salóns, despois de 18 anos vinculados ao mundo do motor e tras ter tido organizados o salón do automóvil de Vigo, A Coruña e autoclásico de Porto. Ademais esta firma puso en marcha as feiras de coches de Sevilla, Valencia, Málaga, Zaragoza e Xerez, entre outras. En total, foron máis de 70 as exposicións e actividades de ocio que promoveron, e nas que participaron 5 millóns de persoas.

 

            Trátase dun evento dirixido a toda a comunidade autónoma galega, con publicidade de ámbito rexional, aínda que  especialmente centrado na área de influencia de Vilagarcía de Arousa, isto é, no Deza, Arousa, Barbanza e comarca de Pontevedra o que supón un público potencial de a lo menos 300.000 habitantes.

             A previsión de ocupación é de encher a nave pechada de FEXDEGA e, incluso, de instalar algún tipo de vehículo no exterior.

 

            O horario da feira será de 11.00 a 21.00 horas a fin de que se poida aproveitar o tempo tras as saídas dos traballos para facer unha visita ao salón.

 

            Esta feira nace co obxectivo de convertirse nunha cita anual similar as que existen nas principais cidades de Galicia.  

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca