Unha terceira parte dos expositores son de fóra da provincia o que se espera repercuta positivamente na economía da comarca.


FEXDEGA Multisectorial ofrecerá 7.000 m2 dos que un 40% están adicados a mobiliario

Data da nova: 07/10/2009

A Feira Multisectorial FEXDEGA que se inaugura o vindeiro venres, día 9 de outubro, e permanecerá aberta ata o luns, día 12, mostrará 7.000 metros cadrados de exposición bruta nos que predominan os expositores dedicados a mobiliario, interiorismo e elementos de construcción. Concretamente, este sector ocupa un 40% da superficie de exposición.

 Bazar, electrodomésticos e productos para o fogar é o segundo sector en representación, seguido de automoción e pequeno comercio. Nesta última área hai que destacar que están representados maioritariamente os establecementos de O Salnés, O Barbanza e O Deza. En total, son máis de 40 os comercios de estas áreas que acoden ao salón. 

 Chemineas, decoración exterior en pedra, sillóns de masaxe, tarteiras programabeis, menaxe, adegas, piscinas ou paisaxismo son algúns dos elementos que se atoparán na exposición, onde tamén haberá firmas automobilísticas, institucións, perruquería e outros moitos productos.

 Coches sen carné

 Dentro do sector automobilístico figura unha firma que é a primeira vez que expón nunha feira arousana. Trátase da empresa Peauto, de Salceda de Caselas, que promocionará coches sen conductor.

 Tamén é significativa a presencia  dunha empresa arousana con departamento de I + D + I, onde se presenta a tecnoloxía máis avanzada en perfilería de aluminio.

 Por outro lado, hai que destacar que unha terceira parte dos expositores son de fora da provincia, o que se espera teña notables beneficios para a economía da zona, mais concretamente na hostelería e no comercio local, toda vez que, segundo os sondeos realizados, a meirande parte dos empresarios que se desprazan a unha cidade con motivo dunha feira realizan consumo en distintos sectores, xa que non marchan sen mercar agasallos, roupa ou complementos. Débese ter en conta, ademais que por cada expositor que expón nun evento desprázanse a cidade de acollida entre tres e catro persoas.
 
   A FUNDACION FEXDEGA volveu a elixir a ponte do Pilar para a celebración do salón debido ao éxito de público acadado nos últimos anos.   

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca