O conselleiro abriu a 40 Feira Multisectorial FEXDEGA, que espera 20.000 visitas

Data da nova: 09/10/09

O conselleiro de Economía abriu hoxe a 40ª edición da Feira Multisectorial con unha expectativa de asistencia de 20.000 visitas

 A Feira Multisectorial FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, quedou inaugurada na mañá de hoxe polo conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra Fernández, a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez e o presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, nun acto no que tamén estiveron presentes outros altos cargos da administración local e autonómica, coma a directora xeral de Comercio Ana María Nava Castro, o vicepresidente da Deputación, José Juan Durán Hermida, e outros representantes institucionais coma concelleiros de Vilagarcía e Sanxenxo, o presidente da Cámara de Comercio de Vilagarcía,  entre outros. O acto estivo animado polo grupo de gaitas Garandoiro.

 Tras os discursos oportunos, as autoridades fixeron un percorrido pola feira e logo foron a unha degustación de productos ofrecida pola Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas de O Salnés (AHITUVI).

 Pola tarde, o grupo de danzas Perla de Arosa tiña previsto facer unha apertura do salón con un pasarúas por todo o recinto. Unhas 34 rapazas da xa consolidada escola de baile arousana vestidas cos seus traxes típicos interpretaron durante media hora coreografías tradicionais galegas. 

 O salón, que estará aberto ata o próximo día 12 de outubro, móstrase repleto de contidos. Entre as novidades máis chamativas hai obxectos de cantería para decoración de fincas e xardíns, mobles de deseño, as últimas innovacións en chemineas, (con chemineas de sobremesa) jacuzzis, aparatoloxía de ximnasios e cerramentos, liquidacións de accesorios para baño, coches sen carné, traxes de noiva e tódalas ideas e complementos necesarios para unha boda , entre outros...

 Hay un total de 7.000 metros cadrados de exposición dos que o 40% están dedicados a mobiliario e decoración. Moitos deles son mobleiros portugueses que seguen a apostar por Galicia para buscar o seu mercado. Automoción, pequeno comercio, industria e institucións son outros dos sectores que estarán presentes no salón. 

Mañá, ás cinco da tarde, está previsto un encontro de cofraternidade entre representantes lusos e autoridades da comarca de O Salnés vinculadas ao mundo do turismo e a cultura, mentras que o domingo FEXDEGA ofrecerá aos seus expositores un almorzo que servirá ao mesmo tempo de “coffee break”  a metade de feira e de celebración do 40 aniversario do evento.

 As expectativas de asistencia a este salón son de aproximadamente 20.000 visitas.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca