Máis de 21.000 personas visitaron a 40 Feira Multisectorial FEXDEGA

Data da nova: 12/10/2009

A falla de dúas horas para o peche do Recinto, a FUNDACION FEXDEGA estima en máis de 21.000 os visitantes rexistrados nos últimos catro días con motivo da celebración da 40 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA. As xornadas do domingo e o luns foron os días de máis accesos. Desglosando esta entrada, o domingo, día 11, os corredores estaban literalmente abarrotados e o luns, día 12, en torno as seis da tarde a apariencia do salón empezaba a ser similar. Este último día, ás 11.30 da mañá rexistrábase cola ao fronte da taquilla, que abría ás 12.00 horas. O fluxo de entrada tamén foi bo durante a xornada do sábado e un pouco máis floxo na do venres.

 A organización considera un éxito esta cifra dada a crisis existente e os expositores mostráronse globalmente satisfeitos. Co obxecto de aliviar a concentración da asistencia nas xornadas do domingo e o luns, a organización disribuiu máis de 10.000 invitacións para as xornadas do venres e o sábado, feito que repercutiu positivamente na distribución dos visitantes, aínda que non evitou que as últimas xornadas acadaran un maior número de accesos.

  As horas de maior afluencia foron as comprendidas entre as 18.00 e as 20.00, franxa na que chegaron a producirse colas na taquilla. 

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca