FEXDEGA celebrará en marzo Vilagarcía Autocasión, o I Salón do Vehículo Usado e de Ocasión

Data da nova: 16/10/09

A FUNDACIÓN FEXDEGA e a firma Eventos del Motor S.L., coorganizadoras do evento Vilagarcía Autocasión, decidiron celebrar no vindeiro mes de marzo o 1º Salón do Automóbil Usado e de Ocasión e sinalaron como datas probables o 19, 20, e 21 dese mes. Aínda que este salón se previu inicialmente para novembro, a proximidade doutros eventos organizados unilateralmente tanto por FEXDEGA (Feira Multisectorial e Galinfancia), como por Eventos del Motor, motivaron este aplazamento.

No citado salón estarán representados os sectores de compra e venda de automóbiles, motocicletas, restauración, repostos, pezas, accesorios, aseguradoras e empresas afíns.

 A empresa Eventos del Motor é unha firma con dilatada experiencia na celebración deste tipo de salóns, despois de 18 anos vinculados ao mundo do motor e tras ter tido organizados o salón do automóbil de Vigo, A Coruña e autoclásico de Porto. Ademais esta firma puso en marcha as feiras de coches de Sevilla, Valencia, Málaga, Zaragoza e Xerez, entre outras. En total, foron máis de 70 as exposicións e actividades de ocio que promoveron, e nas que participaron 5 millóns de persoas.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca