MARTÍN BERASATEGUI estará presente en ACUI 2010 e impartirá unha Charla

Data da nova: 20/11/09

MARTÍN BERASATEGUI estará presente en ACUI 2010 e impartirá unha Charla. A demostración terá lugar o día 3 de Marzo ás 12:15 h dentro do novo espacio ACUICOOK.
Desta maneira AcuiCook, unha das novidades que presenta a Feira Internacional de Acuicultura de Galicia, ACUI 2010, que naceu co obxectivo de poñer en valor o producto acuícola consegue o apoio dun dos chefs de maior prestixio do panorama nacional.
Con esta acción dende a organización de ACUI preténdese apoiar na medida do posible a todas aquelas empresas do sector acuícola que son productoras e que participando en ACUI 2010 conseguirán un prescriptor inmellorable para os seus productos.
AcuiCook desenvolverase en paralelo a ACUI, dentro do propio recinto feiral (Máis información de AcuiCook en http://www.acui.es/index.php/acuicook.html
MARTÍN BERASATEGUI entrou no mundo da cociña moi xoven, da man de súa nai e de súa tía. Iniciouse no negocio familiar, Bodegón Alejandro, do que se convirteu en responsable principal aos 21 anos e cinco anos despois, en 1986 recibe a súa primeira estrela Michelin.
En 1993 abre o seu propio restaurante en Lasarte que atesora tres estrelas Michelin. As súas tres estrelas Michelín e as altas puntuacións en todas as guías gastronómicas do mundo fan do RESTAURANTE MARTÍN BERASATEGUI unha referencia de alta gastronomía lixeira, imaxinativa, fresca e inmediata, elaborada con técnica preciosista.
Desde 1996 ata 2009 crea e dirixe o grupo MB, xestionando entre outros establecimentos, o restaurante Guggenheim Bilbao, o Kursaal, o Bodegón Alejandro e Mugaritz.  Igualmente realiza labores de asesoramento para establecimentos punteiros, tales como o complexo turístico ABAMA Hotel Resort en Tenerife ou o Hotel Condes de Barcelona e os seus restaurantes “Lasarte” (1 estrela Michelín) e “Loidi”. Este ano inaugurou o primeiro restaurante dirixido por un tres estrelas en Shangai, o Restaurante Martín.

Tanto polo seu bo facer como cociñeiro, como pola súa labor divulgativa a través de publicacións e colaboracións con empresas do ámbito alimentario, MARTÍN BERASATEGUI é indudablemente un referente mundial da cociña e a gastronomía do máis alto nivel.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca