Galinfancia abrirá as súas portas o 19 de decembro con xogos para todos

Data da nova: 11/12/09

Galinfancia, o Salón Infantil de FEXDEGA abrirá de novo as súas portas o vindeiro día 19 de decembro, sábado, con multitude de atraccións para tódolos rapaces. A feira estará aberta do 19 de decembro ao 3 de xaneiro (agás o 24, o 25 e o 31 e o 1, datas nas que os traballadores disfrutarán das xornadas festivas).

O Recinto Feiral FEXDEGA ofrecerá neses días atraccións similares as que se poden disfrutar nas festas do verán de calquera pobo ou cidade nos recintos ao aire libre. Scalextric Baby, pista autos de choque, simulador Halley, torito, inchables (Bart Simpson e Paiaso Mexicano), cadeas, camas elásticas, dragón, Baby 2002 son os principais xogos aos que se poderá acceder. A nave feiral de FEXDEGA albergará tamén un posto de garrapiñadas e outro de churrería. 

O salón estará aberto de cinco da tarde a nove da noite nas datas sinaladas e o acceso ao Recinto Feiral será gratuíto. Os usuarios pagarán só por participar en cada unha das atraccións que se utilicen. FEXDEGA negociou, así mesmo, un módico prezo para participar en cada un destes xogos. Deste xeito tódolos nenos terán unha alternativa de tempo libre na que investir os días de lecer durante as vacacións de Nadal, alternativa que será especialmente importante nos días de choiva dadas as características do Recinto de FEXDEGA, que está totalmente cuberto e dotado de aseos, gran espacio para o esparexemento interior e exterior e outros servicios.

A feira está pensada para nenos de 3 a 14 anos, aínda que non se puxeron topes de idades.  

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca