Galinfancia abre da man da alcaldesa a directora xeral e o vicepresidente da Deputación

Data da nova: 19/12/09

Galinfancia, o Salón Infantil de FEXDEGA abrirá as súas portas mañá, sábado, 19 de decembro,  coa presencia da directora xeral de Comercio, María Nava Castro e a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez, entre outras autoridades. A feira estará aberta do 19 de decembro ao 3 de xaneiro (agás o 24, o 25 e o 31 e o 1) en horario de 17.00 a 21.00 horas.

O Recinto Feiral FEXDEGA ofrecerá neses días atraccións similares as que se poden disfrutar nas festas do verán de calquera pobo ou cidade nos recintos ao aire libre. Scalextric Baby, pista autos de choque, simulador Halley, torito, inchables (Bart Simpson e Paiaso Mexicano), cadeas, camas elásticas, dragón, Baby 2002 son os principais xogos aos que se poderá acceder. A nave feiral de FEXDEGA albergará tamén un posto de garrapiñadas e outro de churrería. 

O acceso ao Recinto Feiral será gratuíto. Os usuarios pagarán só por participar en cada unha das atraccións que se utilicen.

FEXDEGA ofrecerá no Nadal unha alternativa para o tempo libre, especialmente importante nos días de choiva, dadas as características do Recinto de FEXDEGA, que está totalmente cuberto e dotado de aseos, e dispón dun gran espacio para o esparexemento interior e exterior así coma outros servicios.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca