O salón monográfico de Vilagarcía de Arousa, que reunirá a preto de 100 expositores nacionais e internacionais, acollerá a celebración de catas

Vintech amosará os últimos avances en I+D, tecnoloxía e maquinaria para a elaboración e distribución do viño

Co respaldo da Xunta e do proxecto europeo Winetech, o certamen, organizado pola empresa Planner & Proceltha e Fexdega, convírtese na gran plataforma tecnolóxica do sector vitivinícola en Galicia.

Como novidade haberá xornadas técnicas e ponencias sobre aspectos biosanitarios e fitopatolóxicos

A mostra servirá para poñer en contacto aos grandes centros de investigación vitivinícola e as empresas do sector


FEXDEGA acollerá Vintech do 26 ao 28 de abril con preto de 100 expositores

Data da nova: 15/01/10

Impulsar a innovación e o uso das novas tecnoloxías no sector vitivinícola, favorecer o intercambio de I+D entre adegueiros e centros de investigación y aumentar a calidade dos viños. Con estes obxectivos preséntase a segunda edición do Salón del Viño, Técnicas e Equipamento (Vintech), que se celebrará do 26 ao 28 de abril de 2010 no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa.

O salón monográfico, organizado conxuntamente pola empresa Planner & Proceltha e a Fundación Fexdega, congregará a empresas nacionais e internacionais de todos os sectores relacionados coa industria do viño, dende productos para a terra, abonos, maquinaria, accesorios, pasando polo equipamento de laboratorio, botellas, cápsulas, etiquetas, ata profesionais de xestión e prensa enolóxica.

 Vintech favorecerá o intercambio comercial e as relacións entre profesionais da producción, comercialización e divulgación e servirá como punto de reunión para os afecionados á actividade vitivinícola. Ademáis, o evento acollerá a celebración de diversas xornadas técnicas e ponencias sobre aspectos biosanitarios e fitopatolóxicos, catas e outras actividades paralelas.

 Este certamen ten como obxectivo buscar novos mercados e presentar novas tecnoloxías, productos e servicios que permitan a expansión nacional e internacional deste sector empresarial de tanta importancia na Comunidade galega.

 
 Será unha oportunidade para que os profesionais coñezan as últimas novidades aplicadas á industria do viño en canto a equipos, técnicas de cultivo, métodos de elaboración, procesos de transformación, sistemas de comercialización e programas informáticos, entre outras.
 
 Vintech ten consolidado o seu posicionamento como o primeiro salón especializado de Galicia no seu ámbito e sitúase entre as feiras máis importantes de España. Máis de 6.000 profesionais visitaron o certamen na pasada edición celebrada en 2007. O salón reuniu a máis de 60 expositores directos, que representaban ao redor de 400 firmas, nunha superficie de preto de 5.000 metros cadrados.

 O salón conta co respaldo da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Industrias Agrarias e Forestais, así coma do Instituto Galego de Promoción Económica de Galicia (IGAPE), a Cámara de Comercio  e o Concello de Vilagarcía de Arousa, entroutros.

 En palabras de Rubén López, presidente de Planner & Proceltha, “Vintech é un salón de carácter profesional vencellado ás novas tecnoloxías e I+D, que esperamos sirva de plataforma para a expansión nacional e internacional do sector vitivinícola galego. Este é o camiño que entendemos debe seguir nestes intres o sector feiral: a especialización”.

 “Vilagarcía é un enclave xeográfico e loxístico extraordinario para que o salón Vintech acade os seus obxectivos e dende Fexdega poremos todos os medios para que así sexa”, asegura Juan Luis Callón, director de Fexdega.

Proxecto europeo Winetch

 A catro meses da celebración do salón, a organización ten pechado acordos coa Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) da Xunta. Ambos organismos lideran dende Galicia o proxecto europeo Winetech de novas tecnologías en viticultura e elaboración de viño, financiado con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e con un prazo de duración de 30 meses. Estas dúas entidades encárganse de supervisar e coordinar a cooperación con outras dez entidades de La Rioja, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Alentejo e Región Norte (Portugal) e Languedoc Roussillon (Francia).

O proxecto transnacional Winetech ten coma obxectivos principais a promoción da innovación, a transferencia de tecnoloxía e a mellora das redes de cooperación entre adegueiros e centros de investigación de sete rexións europeas con comarcas vitivinícolas tradicionais e punteiras nas que o viño forma parte da cultura e o desenvolvemento económico.

Nesta iniciativa participan tanto empresas adegueiras coma proveedores de servicios de I+D e organismos intermedios, e con ela preténdese estudar a información entre a oferta e a demanda para poder mellorar as canles de cooperación por medio da tecnoloxía.

Nalgunhas empresas galegas as accións prioritarias pasan polo reforzo da tecnificación do proceso de elaboración do viño e en outras pola mellora do control da trazabilidade das uvas, a incorporación de novos materiais nos envases ou embalaxes ou problemas concretos que afecten a súa producción.

No proxecto Winetech, que conta con un orzamento de máis de 1,6 millóns de euros, están integradas entidades pertencentes a países coma Francia, Portugal e España, e entre eles atópanse os prestixiosos Institut Coopératif du Vin e o Institut National da Recherche Agronomique, ambos en Francia, e a Agência de Desenvolvimento Regional do Alentejo, en Portugal, entre outras.

O sector vitivinícola galego, en cifras

A facturación do sector vitivinícola representa máis do 4 por cento da industria agroalimentaria galega e supera de media os 130 millóns de euros anuais, segundo datos da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

A industria conta con preto de 650 bodegas, que dan emprego de maneira directa a máis de mil traballadores na Comunidade galega. Estes establecimentos, que en máis dun 90 por cento dos casos se sitúan en zonas rurais, representan case un tercio dos establecementos agroindustriais, e absorven en torno ao 10 por cento do emprego total da agroindustria de Galicia.

 Das 650 bodegas que hai en Galicia, 482 están inscritas nalgunha das cinco denominacións de orixe de viños existentes en Galicia: 201 en Rías Baixas, 119 en Ribeiro, 98 en Ribeira Sacra, 41 en Valdeorras e 25 en Monterrei. O 95 por cento do viño producido en Galicia está amparado por algunha destas denominacións, un porcentaxe moi superior ao de outras Comunidades autónomas.

 En Galicia hai máis de 229.000 titulares de explotacións adicadas a producción de viño, que ocupan unha superficie total de 32.600 hectáreas distribuidas en máis de 720.000 parcelas. As explotacións galegas teñen como peculiaridade o seu pequeno tamaño, xa que a media sitúase en menos de 1.500 metros cadrados por explotación e menos de 500 metros cadrados por parcela, o que representa unha “dificultade estructural”.

A extensión de viñedos en Galicia supón o 3 por cento da superficie total en España, o que sitúa á Comunidade no décimo posto do ranking nacional. En contraposición, Galicia ocupa os primeiros postos en canto ao número de parcelas e titulares, co dobre de explotacións que Castilla-La Mancha, que conta coa metade da superficie nacional.

Producción

No ano 2008, a DO Ribeiro, que conta con 6.028 viticultores e 119 adegas, tivo unha producción total de 96.771 hectolitros, mentras que a DO Rías Baixas, con 6.577 viticultores e 201 adegas, produxo 156.443 hectolitros. Pola súa parte, a DO Ribeira Sacra, na que traballan 2.836 personas en 98 adegas, produxo máis de 30.000 hectolitros; a DO Valdeorras, con 1.961 viticultores e 41 adegas, tivo unha producción de 33.409 hectolitros; e a DO Monterrei, que da traballo a 328 persoas en 23 adegas, produxo máis de 8.000 hectolitros.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca