O salón monográfico de Vilagarcía de Arousa, que reunirá a preto de 100 expositores nacionais e internacionais, acollerá a celebración de catas

Co respaldo da Xunta e o proxecto europeo Winetech, o certamen, organizado pola empresa Planner & Proceltha e Fexdega, convírtese na grande plataforma tecnolóxica do sector vitivinícola en Galicia

Como novidade haberá xornadas técnicas e ponencias sobre aspectos biosanitarios e fitopatolóxicos

A mostra servirá para poñer en contacto aos grandes centros de investigación vitivinícola e as empresas do sector



Vintech mostrará os últimos avances en I+D, tecnoloxía e maquinaria para elaborar viño

Data da nova: 11/02/10

Impulsar a innovación e o uso de novas tecnologías no sector vitivinícola, favorecer o intercambio de I+D entre adegueiros e centros de investigación e aumentar a calidade dos viños. Con estes obxectivos preséntase a segunda edición do Salón do Viño, Técnicas e Equipamento (Vintech), que se celebrará do 26 ao 28 de abril de 2010 no Recinto Feiral de Vilagarcía de Arousa (Fexdega).

O salón monográfico, organizado conxuntamente pola empresa Planner & Proceltha e a Fundación Fexdega, congregará a empresas nacionais e internacionais de todos os sectores relacionados coa industria do viño, desde productos para a terra, abonos, maquinaria, accesorios, pasando por o equipamento de laboratorio, botellas, cápsulas, etiquetas, ata profesionais de xestión e prensa enolóxica.

 Vintech favorecerá o intercambio comercial e as relacións entre profesionais da producción, comercialización e divulgación e servirá como punto de reunión para os afecionados a actividade vitivinícola. Ademáis, o evento acollerá a celebración de diversas xornadas técnicas e ponencias sobre aspectos biosanitarios e fitopatolóxicos, catas e outras actividades paralelas.

 Este certamen ten como obxectivo buscar novos mercados e presentar novas tecnoloxías, productos e servicios que permitan a expansión nacional e internacional deste sector empresarial de tanta importancia na Comunidade Galega.

 
 Será unha oportunidade para que os profesionais coñezan as últimas novidades aplicadas á industria do viño en canto a equipos, técnicas de cultivo, métodos de elaboración, procesos de transformación, sistemas de comercialización e programas informáticos, entre outros.
 
 Vintech ten consolidado o seu posicionamiento como o primeiro salón especializado de Galicia no seu ámbito e sitúase entre as feiras máis importantes de España. Máis de 6.000 profesionais visitaron o certamen na pasada edición celebrada en 2007. O salón reuniu a máis de 60 expositores directos, que representaban o redor de 400 firmas, nunha superficie de preto de 5.000 metros cadrados.

 O salón conta co respaldo da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Industrias Agrarias e Forestais, así coma do Instituto Galego de Promoción Económica de Galicia (IGAPE), a Cámara de Comercio  e o concello de Vilagarcía de Arousa, entre outros.

 En palabras de Rubén López, presidente de Planner & Proceltha, “Vintech é un salón de carácter profesional vencellado ás novas tecnoloxías e I+D, que esperamos serva de plataforma para a expansión nacional e internacional do  sector vitivinícola galego. Este é o camiño que entendemos debe seguir nestes intres o sector feiral: a especialización”.

 “Vilagarcía é un enclave xeográfico e loxístico extraordinario para que o salón Vintech acade os seus obxectivos e dende Fexdega poremos todos os medios para que así sexa”, asegura Juan Luis Callón, director de Fexdega.

Proxecto europeo Winetch

 A catro meses da celebración do salón, a organización ten pechado acordos coa Fundación Empresa Universidade Galega (Feuga) e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal) da Xunta. Ambos organismos lideran dende Galicia o proxecto europeo Winetech de novas tecnoloxías en viticultura e elaboración de viño, financiado con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e con un prazo de duración de 30 meses. Estas dúas entidades encárganse de supervisar y coordinar a cooperación con outras dez entidades de La Rioja, Castilla y León, Castilla-La Mancha, Alentejo e Región Norte (Portugal) e Languedoc Roussillon (Francia).

O proxecto transnacional Winetech ten como obxectivos principais a promoción da innovación, a transferencia de tecnoloxía e a mellora das redes de cooperación entre adegeuiros e centros de investigación de sete rexións europeas con comarcas vitivinícolas tradicionais e punteiras nas que o viño forma parte da cultura e o desenvolvemento económico.

  Nesta iniciativa participan tanto empresas adegueiras como proveedores de servicios de I+D e organismos intermedios, e con ela se preténdese estudar a información entre a oferta e a demanda para poder mellorar os canais de cooperación por medio da tecnoloxía.

Nalgunhas empresas galegas as accións prioritarias pasan polo reforzo da tecnificación do proceso de elaboración do viño e noutras pola mellora do control da trazabilidade das uvas, a incorporación de novos materiais nos envases ou embalaxes ou problemas concretos que afecten á súa producción.

 No proxecto Winetech, que conta cun orzamento de máis de 1,6 millóns de euros, están integradas entidades pertencentes a países coma Francia, Portugal e España, e entre eles atopanse os prestixiosos Institut Coopératif du Vin e o Institut National da Recherche Agronomique, ambos en Francia, e a Agência de Desenvolvimento Regional do Alentejo, en Portugal, entre otras.

O sector vitivinícola galego, en cifras

A facturación do sector vitivinícola representa máis do 4% da industria agroalimentaria galega e supera de media os 130 millóns de euros anuais, segundo datos da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

A industria conta con preto de 650 bodegas, que dan emprego de maneira directa a máis de mil traballadores na Comunidade galega. Estes establecementos, que en máis dun 90% dos casos se sitúan en zonas rurais, representan case un tercio dos establecementos agroindustriais, e absorven en torno ao 10% do emprego total da agroindustria de Galicia.

 Das 650 adegas que hai en Galicia, 482 están inscritas nalgunha das cinco denominacións de orixen de viños existentes en Galicia: 201 en Rías Baixas, 119 en Ribeiro, 98 en Ribeira Sacra, 41 en Valdeorras e 25 en Monterrei. O 95% do viño producido en Galicia está amparado por algunha destas denominacións, un porcentaxe moi superior ao das outras Comunidades autónomas.

 En Galicia hai máis de 229.000 titulares de explotacións adicadas á producción de viño, que ocupan unha superficie total de 32.600 hectáreas distribuidas en máis de 720.000 parcelas. As explotacións galegas teñen como peculiaridade o seu pequeno tamaño, xa que a media sitúase en menos de 1.500 metros cadrados por explotación e menos de 500 metros cadrados por parcela, o que representa unha “dificultade estructural”.

 A extensión de viñedos en Galicia supón o 3% da superficie total en España, o que sitúa á Comunidade no décimo posto do ránking nacional. En contraposición, Galicia ocupa os primeiros postos en canto ao número de parcelas e titulares, co dobre de explotacións que Castilla-La Mancha, que conta coa metade da superficie nacional.

Producción

No ano 2008, a DO Ribeiro, que conta con 6.028 viticultores e 119 adegas, tivo unha producción total de 96.771 hectolitros, mentras que a DO Rías Baixas, con 6.577 viticultores e 201 bodegas, produxo 156.443 hectolitros. Pola súa parte, a DO Ribeira Sacra, na que traballan 2.836 personas en 98 adegas, produxo máis de 30.000 hectolitros; a DO Valdeorras, con 1.961 viticultores e 41 adegas, tivo unha producción de 33.409 hectolitros; e a DO Monterrei, que dá traballo a 328 persoas en 23 adegas, produxo máis de 8.000 hectolitros.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca