Expoferta Zonaberta abrirá as súas portas do 12 ao 14 de marzo de 2010 con comerciantes de toda comarca e e con un horario que permitirá a asistencia de todo tipo de público

FEXDEGA celebrará a feira de promoción do comercio con stocks que abranguen dende roupa ata menaxe

Data da nova: 24/02/2010

A Fundación FEXDEGA e a Asociación de Comerciantes de Vilagarcía, Zonaberta volveron a sumar este ano os seus esforzos para organizar outra feira de Promoción do Comercio. Será a quinta que ten lugar en Vilagarcía de Arousa e ao igual que o ano pasado celébrase fundamentalmente cos stocks de inverno, aínda que o salón promocionará todo tipo de saldos. O evento terá lugar do venres, día 12, ao  domingo 14 de marzo, con un amplio horario, de 12.00 a 22.00 horas, o que permitirá a afluencia de todo tipo de público, dende amas de casa a traballadores a turnos.

A feira, que contará con todo tipo de stocks, dende os habituais roupa e calzado, ata complementos, sanitarios, comunicacións, ou, este ano, aproveitando a proximidade da tempada de verán, incluso, piscinas,  foi presentada hoxe polo xerente de FEXDEGA, Juan Luis Callón Cameán, a presidenta de Zona Aberta Rocío Louzán Blanco e as concelleiras de promoción do comercio de Vilagarcía de Arousa, Rosa Abuín e de Xuventude, Ana Lorenzo.

Este último departamento municipal subvenciona a presencia dunha ludoteca, na que os nenos poderán xogar e estar entretidos mentras os pais fan o percorrido polo salón. Ao igual que outros anos, este espacio será gratuíto para o público visitante e contará coa existencia de talleres impartidos por varios monitores. 

A feira de stocks comercializouse entre os establecementos de Vilagarcía e a súa área de influencia, o que permitirá a presencia de comercios de Cambados, Pontevedra, Vilanova, Sanxenxo, Caldas... e, por suposto, de Vilagarcía. Esta apertura da feira a non socios de Zona Aberta, que se iniciou na edición do pasado ano, permite unha maior variedade de sectores e tamén que o salón cobre máis dinamismo e máis interés para o público, o que se espera repercuta positivamente no conxunto do salón e particularmente nos socios de Zona Aberta.

Igual que noutras ocasións, a entrada ao salón costará 1 euro e ao igual que en 2009 durará tres días.


Ademais de roupa e calzado, o salón, poderá albergar mobles, artigos de decoración, caza…

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca