ACUI abre as súas portas o 2 de marzo con 75 expositores directos e 9 países representados

Data da nova: 26/02/10

Unha vez pechada a contratación, os datos finais amosan que o número de expositores directos de ACUI será de 75 procedentes de 9 países: Alemania, Brasil, Chile, EEUU, España, Holanda, Italia, Noruega y Senegal.
Así mesmo o número final de marcas representadas na feira será de 143 de 20 nacionalidades diferentes. Estes datos amosan unha vez máis o recoñecemento que ACUI ten acadado dende os seus inicios en 2005, tanto a nivel nacional como internacional.
A representación nacional distribúese principalmente entre empresas galegas, catalanas, andaluzas e valencianas.
As previsións que manexa a organización en canto ao número de visitantes profesionais son igualmente optimistas en base ao elevado número de preinscripcións que se están recibindo a través da web, tendo acreditados nestes momentos profesionais do sector acuícola dun total de 18 países.
A inauguración do evento terá lugar o vindeiro día 2 ás 12 da mañán á cargo da Conselleira do Mar, Dña. Rosa Quintana. A dicho acto confirmaron a súa presencia diferentes representantes políticos coma os alcaldes de Boiro, Cambados, Vilagarcía de Arousa, presidentes das Cámaras de Comercio de A Coruña e Pontevedra, presidentes de Asociacións sectoriais, AGADE, AGAME, ATRUGAL, OPOGA. Así mesmo confirmóu a súa participación a Fundación Observatorio Español Acuicultura.
Unha das novidades desta edición, o espacio ACUICOOK, destinado á posta en valor do producto acuícola contará xunto ás xa coñecidas participacións de Martín Berasategui, o día 3, e Xose Torres, o día 4, con unha serie de sesións de degustación nas que cabe resaltar o día 2, a partir das 16:00h. , "PRESENTACIÓN e DEGUSTACIÓN NOVO PRODUCTO: DORADA AFUMADA" polo CTAQUA - Fundación Centro Tecnológico de Andalucía e o día 3 ás 16:30 h. "DEGUSTACIÓN DE PRODUCTOS ACUÍCOLAS VALENCIANOS: ARROZ ALL I PEBRAT (ANGUILA), ENSALADA TEMPLADA DE DOURADA CON VINAGRETA DE SÉSAMO e CORVINA CON CREMA DE FERVIDO VALENCIANO" a cargo do chef valenciano Fernando Espinosa de la Generalitat Valenciana.
As misións inversas contarán finalmente coa participación de 9 empresas procedentes de Brasil e 6 empresas dos Estados Unidos no que se ten convertido xa nunha grande expectativa de negocio ao que xa se teñen apuntado as principais empresas acuícolas galegas, tanto productores de rodaballo como empresas de maquinaria e servicios.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca