A primeira xornada de ACUI conggregou a máis de 1.300 visitantes

Data da nova: 03/03/2010

A Feira Internacional de Acuicultura, ACUI, foi inaugurada onte no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa pola Conselleira do Mar, a alcaldesa de Vilagarcía e numerosas personalidades entre as que cabe destacar ao vicepresidente da Diputación provincial así coma algúns alcaldes da comarca arousana.
Según datos aportados pola organización nesta primeira xornada o nº de visitantes profesionais ten sido de 1.376, dato que é valorado positivamente pola organización para ser o primeiro día do evento.
Dentro das actividades destacadas para a xornada do día 3 de marzo, cabe destacar a presencia do prestixioso chef, Martin Berasategui que ás 12:15 horas impartirá unha charla demostración dentro do espacio Acuicook.
Neste mesmo espacio pero ás 16:30 horas está prevista unha degustación de producto acuícola da Comunitat Valencia na que os chefs José Gracia e Angus Fuero, xefes de cociña do Clube Gastronómico Galileo e Colexio Maior Galileo Galilei de Valencia preparan os seguintes  platos:
Ensalada templada de dourada con vinagreta de sésamo
Arroz (all i pebrat), con anguila
Corvina con crema de fervido valenciano
Para o día de hoxe está prevista así mesmo a visita de futuros prescriptores que son os estudiantes das escolas de hostelería, onde poderán ver de primeira man as bondades do producto acuícola galego e atenderán ás explicacións que desde o stand do Consello Regulador se lles ofrecerán.
É de resaltar entre as novidades que se presentan na feira unha máquina para o fileteado de rodaballo, a cargo dunha empresa galega, un novo sistema de producción do mexillón, presentado por unha empresa holandesa e que suporía un aforro de esforzo considerable aos profesionais do sector.
Po lo que respecta ás xornadas técnicas celebradas no día de hoxe sinalar a boa acollida obtida polas presentacións desenvolvidas por José Luís Muñoz, socio fundador da SEA, Juan Manuel García de Lomas Mier, director xerente da fundación CTAQUA e María José Vázquez, xefe de proyectos de Esmedagro responsable do proyecto ACUISOST.
Dentro das xornadas mañá dia 3 contarase coa participación entre outros de D. Aurelio del Pino, Director General de ACES, Asociación de Cadenas Españolas de Supermercados, así coma a participación do INTECMAR.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca