ACUI duplica no seu segundo día de feira as visitas da primeira xornada
Data da nova: 04/03/2010
Tras o seu segundo día, a IV Edición da Feira Internacional de Acuicultura, vai camiño de cubrir os seus obxectivos en canto ao número de visitantes profesionais, xa que nesta segunda xornada tense dobrado a participación do primeiro día.
Nesta segunda xornada tivo moi boa acogida a participación de Martín Berasategui que conseguiu congregar a gran número de interesados no evento. Sinalar que a presencia do prestixioso chef non se limitóu á súa charla demostración senon que de bo agrado acudiu aos stands nos que foi requerido, compartindo impresións tanto cos representantes do Consello Regulador, donde eloxiou o paté da empresa Boiromar, de Aroga, así coma coa xente do CTAQUA, e da Generalitat Valenciana. Igualmente acudiu ao stand da Consellería do Mar así coma da empresa Fitoplancton onde se interesóu polo seu producto alimenticio basado no fitoplancton.
Recordar que dentro do espacio Acuicook, o día 4 está prevista a participación de Xosé Torres ás 12:15 e que, con posterioridade, neste mismo espacio terá lugar a demostración a cargo do Centro Tecnolóxico de Acuicultura.
Dentro das novidades que se presentan nesta cuarta edición cabe resaltar a presentación da primeira maquina fileteadora de rodaballo a cargo de la empresa Inpromar.
Dentro da representación internacional da feira sinalar que a empresa holandesa Murre Techniek afirmóu que nesta segunda xornada resultóu moi positiva para os seus intereses xa que recibiron multitude de solicitudes de información referente aos avances tecnolóxicos que presentan aquí, en ACUI, como por exemplo a máquina para a eliminación do arneirón, o sistema de easy farm para captación e cría de mexilla, así coma un sistema de depuración que mantén vivo o mexilón durante tres semanas e con moi pouco consumo de auga.
Así mesmo a representación Senegalesa formada pola Agence Nationale De L´Aquaculture dependente do Ministere des Biocarburants et de la Pisciculture da Republique du Senegal mantivo unha reunión no Stand da Consellería do Mar cos representantes autonómicos.
Nesta cuarta edición tamén participan, como en edicións anteriores, presentando as súas últimas novidades empresas coma o grupo Chicolino, R, Trillo e Cortiplas que aportan á feira maquinaria, cadeas e poliéster.
En canto ás xornadas técnicas, resaltar a boa acollida das ponencias que tiveron lugar na xornada de hoxe e para mañán destacamos as ponencias ANFACO, a de Javier Ojeda de APROMAR e a da empresa ACUINUGA.