FEXDEGA abrirá o venres unha feira de stocks similar ás das grandes cidades galegas

Data da nova: 09/03/10

A 5ª Feira de Promoción do Comercio, Expoferta Zonaberta, abrirá as súas portas o vindeiro venres, día 12 de marzo, mostrándose ao público coma un auténtico centro comercial urbano, onde están representados todo tipo de sectores. Así, aínda que o que máis abunda é roupa e complementos, tamén hai maquinaria de limpeza, mascotas, informática, mobiliario de baño, vídeo xogos, decoración, colchóns e sillóns de masaxe, óptica, maquinaria para hostelería, material deportivo, entre outros.

Así, FEXDEGA mostrará en 30 rúas (6 horizontais x 5 verticais) e durante tres días tantos comercios e productos coma os que se poden atopar no centro dunha gran cidade. De feito, o tamaño da exposición é similar aos das feiras de stocks das principais cidades galegas. En total, son 3.500 metros cadrados de exposición, pero, dado que a maioría dos comercios veñen con 12 metros, a oferta preséntase moi variada, tanto dende o punto de vista das firmas representadas, coma por sectores presentes.

Por citar algún exemplo da gran oferta que albergará o Recinto a vindeira fin de semana, hai que sinalar que a lo menos 10 establecementos mostrarán marcas de roupa e calzado infantil, xuvenil, premamás ou bebés. Desta temática, en concreto, hai comercios procedentes de Boiro, Sanxenxo, Vilagarcía, Cambados, Ribeira e Marín.

Tamén a procedencia dos expositores resulta este ano do máis variada. Así, poderanse atopar firmas procedentes de Meaño, Milladoiro, Ponteareas, Oleiros, Cambre, A Estrada, Lalín, Boiro, Noia, Poio, Cambados, O Grove, Portonovo, Nigrán, Marín ou Salceda de Caselas. Pero tamén escolleron o Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, comercios radicados nas principais cidades galegas o que da boa fe do poder de convocatoria de Expoferta Zonaberta, un salón que se caracteriza pola calidade dos productos, a estética da presentación dos artigos, así coma os resultados que parece ter a cita vilagarciana. Así, atoparanse establecementos de Santiago, Pontevedra, A Coruña ou Vigo.

Por afondar nos sectores existentes, hai que sinalar  que se ofertan productos de grande interés para nais, pais, nenos e xoves. Así, se antes se falaba da variedade de artigos para rapaces, non se pode esquecer que tamén hai varios establecementos que ofertan pantalóns vaqueiros e roupa xuvenil. Así mesmo, hai a lo menos dous establecementos con roupa para surfistas, e a lo menos, tres de roupa e material deportivo. Os mozos e mozas atoparán na feira outros productos do seu interese, coma videoxogos e material informático, roupa casual e complementos.

Tallas grandes e calzado e complementos para homes son outros dos sectores que estarán aquí representados, así coma tamén o estarán mobiliario para baño e todo tipo de artigos para o fogar.       

 O evento terá lugar do venres, día 12, ao  domingo 14 de marzo, con un amplio horario, de 12.00 a 22.00 horas, o que permitirá a afluencia de todo tipo de público.

Igual que noutras ocasións, a entrada ao salón custará 1 euro.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca