Expoferta abriu hoxe as súas portas con máis de 700 marcas representadas e descontos de ata o 80%

Data da nova: 12/03/10

Expoferta Zonaberta, a 5ª Feira de Promoción do Comercio, abriu hoxe as súas portas no Recinto Feiral FEXDEGA coa alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez, o vicepresidente da Deputación Provincial, José Juan Durán Hermida, a vicepresidenta da Fundación FEXDEGA, Rosa Abuín Rodríguez, o xefe territorial da Xunta de Galicia, Ignacio Rial Santomé, a presidenta de Zonaberta, Rocío Louzán, o director xerente da Fundación FEXDEGA Juan Luis Callón Cameán, o xefe do consorcio do Salnés e vogal da Cámara de Comercio, Marcos González Vidal, e o xefe comarcal de Caixanova, Javier Villaronga.

O principal rasgo desta feira é que oferta marcas de gran calidade a prezos de saldo. Así, cada establecemento trae a Expoferta Zonaberta unha media de 10 marcas e, tendo en conta, que son máis de 70 comercios os que acuden  ao salón resultan unhas 700 marcas que o consumidor poderá encontrar ao acudir á feira.

É importante reseñar que na maior parte dos casos, trátase de marcas moi consolidadas (Pepe Jeans Tommy..., por citar algunha)  e que os descontos chegan a acadar o 70% e o 80%.
 
A feira estará aberta dende hoxe venres, día 12, ata o  domingo 14 de marzo, con un amplio horario, de 12.00 a 22.00 horas, o que permitirá a afluencia de todo tipo de público, dende amas de casa a traballadores a turnos.

A feira, que conta con todo tipo de stocks, dende os habituais roupa e calzado, ata complementos, sanitarios, comunicacións, ou, este ano, aproveitando a proximidade da tempada de verán, incluso, piscinas.

A concellería de Xuventude do Concello de Vilagarcía subvenciona a presencia dunha ludoteca, na que os nenos poderán xogar e estar entretidos mentres os pais fan o percorrido polo salón. Ao igual que outros anos, este espacio será gratuíto para o público visitante e contará coa existencia de talleres impartidos por varios monitores profesionais. 


Igual que noutras ocasións, a entrada ao salón costa 1 euro.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca