Expoferta Zonaberta recibiu a visita de máis de 2.000 visitas durante o primeiro día de feira

Data da nova: 13/03/10

Expoferta Zonaberta chegou ao seu Ecuador con un éxito de público. A falta de contabilizar os visitantes do día de hoxe, sábado, é importante reseñar que só na xornada inaugural foron unhas 2.000 as personas que se achegaron á feira de rebaixas do Recinto Feiral FEXDEGA.

Á hora de redactar este comunicado, o fluxo de entrada de público era constante.  A calidade dos productos que se ofertan e os importantes descontos, que acadan o 80% nalgúns casos, é unha forte motivación para o público xeral, que tamén chega atraído, en moitos casos, polo servicio de gardería que oferta o salón.

 En concreto, este espacio entretén aos rapaces con talleres continuos de plastilina, pintura, contos e puzzles ou pezas de construccións. Pero, ademais, cada día a ludoteca de Expoferta Zonaberta ofrece uns talleres diferenciados para que os nenos que acoden varios días á feira poidan xogar a diferentes cousas.  Así, por só un euro que costa a entrada ao salón,  na xornada do venres os nenos puidéronse entreter con maquillaxe e globoflexia, hoxe tiveron abalorios e broches e mañá, domingo disfrutarán dos talleres de papiroflexia e chaveiros.

O servicio de ludoteca da Feira de Promoción do Comercio é para nenos de 3 a 11 anos. Os rapaces poden estar neste espacio durante un máximo de dúas horas. Así, garántese que todos os nenos que o desexen podan pasar pola citada gardería.      

Os rapaces teñen un grande protagonismo na 5ª Feira de Promoción do Comercio. Ademáis deste servicio de ludoteca, hai uns 10 stands dedicados aos nenos polo que os pais con rapaces de corta idade dispoñen dunha boa oferta no salón.

A feira, que pecha mañá, domingo, ás 22.00 horas, as súas portas, conta con todo tipo de stocks, dende os habituais roupa e calzado, ata complementos, sanitarios, comunicacións, ou, este ano, aproveitando a proximidade da tempada de verán, incluso, piscinas. 

Igual que noutras ocasións, a entrada ao salón costa 1 euro.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca