FEXDEGA Multisectorial presenta unha máquina que acaba definitivamente coas humidades no fogar

Data da nova: 08/10/10

 Feira Multisectorial FEXDEGA presentará por primeira vez na provincia unha máquina que acaba definitivamente coas humidades

Cerramentos de cristal templado sin divisións son outra das innovacións que se presentará na feira
 
 A 41 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA que se inaugura o vindeiro sábado, día 9 de outubro, e estará aberta ata o martes, día 12, presentará ao público unha revolucionaria máquina antihumidade que, segundo, os seus promotores, acaba “de por vida” coa humidade das casas.

 Acuasec, a firma que presenta este producto asevera que o aparato denominado CTA (Central de Tratamento Ambiental) é “coma un pulmón” que se instala unha vez no fogar, despois de un diagnóstico do problema existente en cada vivenda, e que “resolve o problema para sempre”.

 A empresa promotora fai un estudio de cada situación particular e analiza se o problema é por   filtracións de auga, por condensación, ou por capilaridade. A partir de aí busca o sitio idóneo para ubicar o aparato. Para unha vivenda de 150 metros cadrados sería suficiente con unha CTA de uns 60 centímetros de alto. Esta máquina abarca toda a casa e permite que o aire circule por toda a vivenda.

 “O secreto é un bo diagnóstico”, afirma un portavoz de Acuasec, quen tamén sinala que “se é por unha entrada de auga non se soluciona o problema”. 

 Esta firma é unha empresa 100% galega, radicada en Ourense que leva 13 anos traballando coa detección e solución de problemas de humidade. No obstante, é a primeira vez que presentan a súa tecnoloxía na provincia de Pontevedra.

 A Feira Multisectorial de FEXDEGA presentará tamén outras innovacións, coma uns cerramentos para terrazas e porches sin divisións de aluminio. Trátase dunha novidade en Galicia pola calidade do producto, que está feito con cristal templado de seguridade. A firma que o presenta, Glassmon, leva un ano traballando en Galicia, aínda que xa opera dende hai 16 en Málaga.

 Unha fábrica finlandesa desenvolveu este producto no seu departamento de I + D e levan 32 anos traballando con él. Glassmon afirma que non existe competencia co seu material. Aínda que algunhas carpinterías desenvolveron productos de imitación similares, non levan a mesma calidade de material.    

 A Feira Multisectorial  ofrecerá a mesma variedade de productos que se vía en anteriores edicións. Productoras de TV, automóbiles, moda infantil, xuvenil e deportiva, cadros pintados a man, mobiliario de pedra, sillóns de masaxe, robots de cociña, maquinaria de limpeza, menaxe e animais de compaña son algúns dos artigos que se deixarán ver na feira, onde tamén haberá escaleiras, productos de alimentación...

 O público atopará, dende o sábado, día 9 de outubro, ata o martes, día 12, unha Feira Multisectorial repleta de contidos, similar á de outras edicións, que inclúe un salón específico de mobiliario e decoración, OPENMOBLE. A partir do día 12 de outubro, o Salón Multisectorial pecharase e continuará aberto OPENMOBLE, o evento específico de decoración e mobiliario, que estará aberto ata o domingo, día 17 de outubro. 

 Deste xeito dase resposta a demanda do público que solicita cada vez máis feiras monográficas e tamén se facilita a visita ás exposicións de FEXDEGA, xa que OPENMOBLE estará aberta dúas fins de semana, que é cando o público ten máis disponibilidade para visitar o salón.  
  
 No que a ocupación se refire, o 1º Salón de Decoración OPENMOBLE ocupará a metade da nave feiral vilagarciana, mentras que na outra metade instalarase a Feira Multisectorial. En total, entre ámbolos dous salóns ocuparase o 100% dos 7.000 metros cadrados do recinto. 

 A organización espera a visita de máis de 20.000 persoas entre ámbolos dous salóns, dadas as entradas rexistradas en anos anteriores, (o ano pasado acudiron 21.000)  e tendo en conta que este ano rexistraranse accesos durante  nove días. Por outro lado, continúase a aproveitar a festividade do Pilar para a celebración do evento, polo que se espera, redunde en beneficio do salón.

 A feira estará aberta dende as 12.00 ata as 21.00 horas durante a ponte do Pilar, isto é, os días, 9, 10, 11 e 12 e tamén a fin de semana seguinte, ou sexa, o sábado 16 e o domingo 17.  Por contra, os días 13, 14 e 15 (mércores, xoves e venres) abrirase so pola tarde, en horario de 17.00 a 21.00 horas.
 
 O prezo da entrada é de 3 euros, aínda que os nenos e os maiores de 65 anos so pagarán un euro.
 
 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca