Fexdega abre mañá dúas feiras con mobiliario de Portugal, A Estrada, País Vasco, Toledo e Pontevedra

Data da nova: 08/10/10

O Recinto Feiral FEXDEGA abre mañá as súas portas con dúas feiras, o Salón Multisectorial, que xa vai pola súa 41 edición, e estará en funcionamento ata o martes, día 12 de outubro, e Openmoble, que se estrena por primeira vez na nave feiral de Vilagarcía de Arousa, e estará aberto ata o domingo, día 17. O Salón Openmoble mostrará na súa exposición mobiliario procedente de firmas de A Estrada (población que se caracteriza pola radicación de empresas especializadas en fabricación de mobles), País Vasco, Toledo, Pontevedra, Cambados e o país veciño Portugal.

 Concretamente, a presencia de firmas de Portugal procede, na súa maioría, da localidade de Paços de Ferreira, municipio internacionalmente coñecido pola forte presencia de empresas fabricantes de mobles. 

 O Salón Openmoble estará cheo de contidos de innovador diseño. Así, poderase ver dende unha cama con forma circular ata esculturas de inox para interiores con máis dun metro de altura,  pasando por mobiliario de cociña, salóns, sofás de piel, sillóns de masaxe, dormitorios... Esta feira de 3.500 metros cadrados de exposición contará coa particularidade de ofertar unha sección “Oulet” , na que estarán representadas 13 empresas. En este área poderase ver mobiliario actual a precios moi competitivos.

 

 En total, entre ámbalas dúas feiras reunirán expositores que representan a máis de 200 marcas e concentran productos procedentes de provincias tan distantes coma Jaén, Granada, ou Guipúzcoa, aínda que tamén se deixarán ver moitas empresas galegas.  

 Productoras de TV, automóbiles, moda infantil, xuvenil e deportiva, cadros pintados a man, mobiliario de pedra, sillóns de masaxe, robots de cociña, maquinaria de limpeza, menaxe e animais de compaña son algúns dos artigos que se deixarán ver na feira, onde tamén haberá escaleiras, productos de alimentación...

 No que a ocupación se refire, o 1º Salón de Decoración OPENMOBLE ocupará a metade da nave feiral vilagarciana, mentras que na outra metade instalarase a Feira Multisectorial. En total, entre ámbolos dous salóns ocuparase o 100% dos 7.000 metros cadrados do recinto. 

 A feira será inaugurada ás 13.00 horas pola alcaldesa de Vilagarcía de Arousa, Dolores García Giménez, o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, e a directora xeral de Comercio, María Nava Castro, entre outras autoridades.

 O salón estará aberto dende as 12.00 ata as 21.00 horas durante a ponte do Pilar, isto é, os días, 9, 10, 11 e 12 e tamén a fin de semana seguinte, ou sexa, o sábado 16 e o domingo 17.  Por contra, os días 13, 14 e 15 (mércores, xoves e venres) abrirase so pola tarde, en horario de 17.00 a 21.00 horas.
 
 O prezo da entrada é de 3 euros, aínda que os nenos e os maiores de 65 anos so pagarán un euro.
 
 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca