7.000 persoas visitaron as feiras de FEXDEGA durante a fin de semana

Data da nova: 10/10/10

Unhas 7.000 persoas visitaron durante a fin de semana que agora toca ao seu fin a 41 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA e o I Salón de Decoración Openmoble. A xornada do sábado resultou máis floxa de público do previsto, posiblemente como resultado da crise económica que se está a vivir, aínda que se acadou o millar de visitantes. Non obstante, as previsións de asistencia cumplíronse  durante o domingo, xornada na que os pasillos se viron cheos ao longo do día. En total, a falla de coñecer os datos exactos de fin de xornada,  en torno ás 19.00 horas xa se tiñan rexistrado  6.000 persoas.

 Entre os productos que máis chaman a atención do público no Salón Multisectorial figura o robot aspiradora, un artigo que xa está funcionando con éxito en algúns centros comerciais aínda que nunca se presentara en FEXDEGA. O aparato que ten forma circular e non levanta máis de cinco centímetros do chan recorre por sí só tódalas estancias dun piso, sorteando obstáculos pequenos e con capacidade para subir a alfombras, está pensado para poñelo a funcionar diariamente e que faga unha limpeza de polvo por todo o habitáculo. Os seus promotores, aínda que o dan a coñecer no salón, ofrécense para facer unha demostración nas vivendas dos interesados, de xeito que poidan ver as súas vantaxes e a súa adaptación ao medio no que terá que funcionar.

 Artigos de limpeza, coma un novo modelo de fregona xiratoria, que conta coa ventaxa de chegar a tódolos rincóns son outras das novidades que más captan a atención do público, que tamén se centran nos novos modelos de automóviles que se están a expoñer no recinto, así coma nos tradicionais electrodomésticos e nas zonas de menaxe.


 A Feira Multisectorial na que se poden ver todas estas novidades ocupa 3.500 metros cadrados de recinto. O salón estará aberto dende as 12.00 ata as 21.00 horas. A partir do martes, día 12 de outubro, este salón pecharase e panelarase a metade do pabillón, de xeito que o público atopará  Openmoble, un salón especializado en decoración e mobiliario, que ocupa outros 3.500 metros cadrados.

Openmoble abrirase os días 13, 14 e 15 (mércores, xoves e venres) so pola tarde, en horario de 17.00 a 21.00 horas. O sábado 16 e o domingo 17 estará aberto de 12.00 ata as 21.00 horas.

 O mobiliario exposto en Openmoble e as novidades de decoración resultan un atractivo indiscutible para o público que visita o salón, que non deixa de poñerse ao tanto das novas corrientes de interiorismo e de interesarse polas solucións expostas.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca