Curso de cociña gratuíto durante o transcurso de Openmoble

Data da nova: 11/10/10

Os visitantes que a fin de semana acudiron á 41 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA e a I edición de OPENMOBLE procedían de tódolos municipios de O Barbanza, a comarca de O Salnés e tamén os concellos que rodean a cidade do Lérez. A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Boiro ou Marín e Poio son algúns dos lugares de orixe da poboación que acode a interesarse polas propostas que se expoñen  na nave feiral de FEXDEGA, sen esquecer os de Vilanova, Cambados, Meis, Ribadumia ou O Grove.

 A diversidade de municipios que aportan público as feiras de FEXDEGA son unha vantaxe non só para os salóns en sí mesmos, senón tamén para a cidade na medida en que se beneficia deste afluencia de público todo o sector servicios.

 Estes datos extráense das enquisas que FEXDEGA fai aos visitantes das súas feiras.

 A Feira Multisectorial na que se poden ver todas estas novidades ocupa 3.500 metros cadrados de recinto. O salón estará aberto dende as 12.00 ata as 21.00 horas. A partir do martes, día 12 de outubro, este salón pecharase e panelarase a metade do pabillón, de xeito que o público atopará  Openmoble, un salón especializado en decoración e mobiliario, que ocupa outros 3.500 metros cadrados.

 

 

CLASES DE COCIÑA GRATUITAS EN OPENMOBLE

 Dentro do marco de OPENMOBLE, o mércores día 13 de outubro, dende as 17.00 ás 19.00 horas, ofrecerase un cursiño de cociña e unha degustación gratuíta na sala de conferencias do Recinto Feiral. A actividade está organizada pola empresa Thermomix que tódolos anos acude a Feira Multisectorial FEXDEGA con un robot de cociña de grande penetración no mercado pero que segue a espertar a curiosidade do público. Trátase dun electrodoméstico que só se comercializa a través das feiras e que ano tras ano suscita o interese dos visitantes de FEXDEGA ata o punto de que algunhas persoas acuden ao salón exclusivamente para poder tramitar a merca do aparato.

 Dada a expectación espertada este ano por este artigo entre os visitantes, Thermomix decidiu celebrar a xornada gastronómica que terá lugar durante o transcurso do I Salón de Decoración OPENMOBLE. Durante a súa celebración prepararase un menú completo. En primeiro lugar un aperitivo composto de hummos e un paté de atún e mexillóns. O primeiro prato será unha coca rápida de verduras e un rolo de espinacas con queixo e salmón. O segundo prato será salmón con verduras e patacas e o postre unha crema catalana. Todo isto elaborado dentro do mesmo aparato.   

 
Openmoble abrirase os días 13, 14 e 15 (mércores, xoves e venres) so pola tarde, en horario de 17.00 a 21.00 horas. O sábado 16 e o domingo 17 estará aberto de 12.00 ata as 21.00 horas.

 O mobiliario exposto en Openmoble e as novidades de decoración resultan un atractivo indiscutible para o público que visita o salón, que non deixa de poñerse ao tanto das novas corrientes de interiorismo e de interesarse polas solucións expostas.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca