12.000 persoas visitaron as feiras de FEXDEGA durante os primeiros catro días

Data da nova: 12/10/10

Unhas 12.000 persoas visitaron durante estes pasados catro días a 41 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA e o I Salón de Decoración Openmoble. Se durante a fin de semana se rexistraron 7.000 personas, entre onte luns e hoxe martes, festividade do Pilar, foron 5.000. As cifras resultan un balance positivo para a organización, na medida na que se cumpren as expectativas, xa que tíñanse estimado unhas 20.000 entradas para toda a semana.

 Os expositores de Openmoble son os máis satisfeitos polos resultados acadados no salón. Algún deles ten manifestado que pechou vendas por valor de 15.000 euros e son moitos os que realizaron orzamentos para clientes. Neste senso a organización detecta un éxito da iniciativa de crear unha feira específica do sector de interiorismo e decoración. Incluso, a Fundación FEXDEGA está sondeando a posibilidade de crear unha feira profesional de fabricantes de artigos de decoración e interiorismo.

A falla de coñecer datos concreto, o volumen de negocio dos expositores de mobiliario e decoración está resultando maior este ano que os que expuseron en edicións pasadas. Cabe recordar que Openmoble continúa aberto ata o próximo domingo, día, 17 de outubro.

 Tamén son varios os expositores da Feira Multisectorial que manifestaron a súa intención de volver a promocionarse no salón de FEXDEGA en edicións vindeiras. En concreto, os que realizan diagnósticos ou demostracións a domicilio citaron a unha vintena de clientes para mostrar as vantaxes do seu producto in situ.   

 Entre os productos que máis chamaron a atención do público no Salón Multisectorial figura o robot aspiradora, un artigo que xa está funcionando con éxito en algúns centros comerciais aínda que nunca se presentara en FEXDEGA.

A thermomix, os sillóns con múltiples funcións ou a olla programable son outros dos artigos exitosos neste salón tradicional de FEXDEGA.
 
Openmoble abrirase os días 13, 14 e 15 (mércores, xoves e venres) so pola tarde, en horario de 17.00 a 21.00 horas. O sábado 16 e o domingo 17 estará aberto de 12.00 ata as 21.00 horas.

 O mobiliario exposto en Openmoble e as novidades de decoración resultan un atractivo indiscutible para o público que visita o salón, que non deixa de poñerse ao tanto das novas corrientes de interiorismo e de interesarse polas solucións expostas.

MAÑÁN,  CURSO DE COCIÑA

Dentro do marco de OPENMOBLE, mañán, día 13 de outubro, dende as 17.00 ás 19.00 horas, ofrecerase un cursiño de cociña e unha degustación gratuíta na sala de conferencias do Recinto Feiral. A actividade está organizada pola empresa Thermomix que tódolos anos acude a Feira Multisectorial FEXDEGA con un robot de cociña de grande penetración no mercado pero que segue a espertar a curiosidade do público. Trátase dun electrodoméstico que só se comercializa a través das feiras e que ano tras ano suscita o interese dos visitantes de FEXDEGA ata o punto de que algunhas persoas acuden ao salón exclusivamente para poder tramitar a merca do aparato.

 Dada a expectación espertada este ano por este artigo entre os visitantes, Thermomix decidiu celebrar a xornada gastronómica que terá lugar durante o transcurso do I Salón de Decoración OPENMOBLE. Durante a súa celebración prepararase un menú completo. En primeiro lugar un aperitivo composto de hummos e un paté de atún e mexillóns. O primeiro prato será unha coca rápida de verduras e un rolo de espinacas con queixo e salmón. O segundo prato será salmón con verduras e patacas e o postre unha crema catalana. Todo isto elaborado dentro do mesmo aparato.   

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca