16.000 persoas visitaron as feiras de FEXDEGA durante os pasados nove días

Data da nova: 17/10/10

Unhas 16.000 persoas visitaron durante estes pasados nove días a 41 edición da Feira Multisectorial FEXDEGA e o I Salón de Decoración Openmoble. Se durante a fin de semana pasada se rexistraron 7.000 persoas e  ata o martes pasado se acadou a cifra de 12.000, o total do resto da semana foron 4.000.  

Aínda que a cifra de visitantes non alcanza as previsións estimadas pola FUNDACIÓN FEXDEGA para estes dous salóns, a organización estima moi positivo o balance da feira porque son moitos os expositores que manifestaron a súa intención de repetir a súa presencia nos eventos do Recinto Feiral de Vilagarcía. 
 
Tamén son moitos os que explicaron que o nivel de promoción que lograron nos salóns foi moi favorable, así como tamén cifraron o volume de negocio  realizado ou previsto -coma consecuencia da súa presencia nestas feiras- coma elevado. 

A organización analizará a fondo se é convinte repetir a experiencia de ampliar o salón a dúas fins de semana ou, se polo contrario, é suficiente con manter a celebración durante catro días como se viña realizando os últimos anos.

 

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca