A FUNDACIÓN FEXDEGA ofrecerá as súas instalacións para a celebración os vindeiros días 7, 8 e 9 de xaneiro de 2011 dun Campeonato Semiestatal de tenis de mesa no que participarán 375 xogadores dende os seis ata os 82 anos, xunto con 38 árbitros e tódolos seus acompañantes.
A iniciativa foi presentada hoxe na sede do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa da man do presidente desta entidade, Alfonso Saavedra, que recuperou o tenis de mesa como actividade torneística, grazas a que o Clube do Liceo está activo dende 1969. Saavedra estuvo acompañado do director xerente de FEXDEGA, Juan Luis Callón; Antonio Castro, representante da Federación Galega de tenis de mesa, quen resaltou a importancia do evento tanto para a economía da cidade como a nivel deportivo, xa que nunca antes organizaran unha competición así; e Guillermo Reinaldo, coordinador deportivo provincial, quen apoiou a iniciativa dende a Secretaría Xeral para o Deporte.
Segundo a organización, a cita servirá de trampolín para un futuro campeonato de España de maior categoría, así coma para o Campeonato Europeo.
A organización destacou a gratuidade da entrada, así coma o feito de que se instalará un graderío de 280 prazas para os interesados en seguir a competición.
En total, serán 30 mesas de xogo, máis seis de quentamento nas que se enfrentarán xogadores de Asturias, León, Castilla La Mancha, Cataluña, País Vasco, Navarra e Galicia, moitos deles de grande bagaxe deportivo, sobre todo nas categorías inferiores (benxamín e alevín) onde competirán os mellores de España.