O 70% dos visitantes de Expoferta acude con intención de mercar

Data da nova: 26/02/11

O 70% das persoas que acudiron á 6ª Feira de Oportunidades de FEXDEGA, Expoferta Zonaberta,
 durante o primeiro día de celebración do salón mostraron intención de facer algunha compra, segundo as enquisas realizadas onte entre os visitantes. O 30% restante dixo acudía ao salón para disfrutar do seu tempo de lecer.

Unhas 1.800 persoas acudiron á feira durante a xornada do venres, día 25, unha cifra moi similar a da primeira xornada do ano pasado, cando se tiñan rexistrado unhas 2.000 persoas. Hai que dicir que o primeiro día celebración desta feira é sempre unha xornada laboral polo que a entrada de público é sempre a máis frouxa da celebración feiral. En total, FEXDEGA e Zona Aberta esperan que a afluencia de público ronde as 11.000 persoas, aínda que o balance máis positivo será que os expositores fagan un bo reconto de ventas e non tanto as entradas que se rexistren. 

O público visitante tamén sinalou que acude ao salón a buscar preferentemente roupa ou calzado, aínda que a oferta que se atopan é moito máis variada.

En total son máis de 60 expositores os que integran a feira, procedentes de todos os municipios da bisbarra e tamén de A Coruña, Ribeira, Noia, e Pontevedra por poñer un exemplo dos lugares de procedencia.

Unha característica especial deste salón é a existencia dun servizo de ludoteca, que, por si mesmo atrae a moitos visitantes, xa que permite aos pais mercar libremente mentres deixan aos nenos ao coidado duns monitores que os entreteñen coa realización de talleres plásticos. Este ano, dada a proximidade do antroido, a ludoteca estará centrada na realización de caretas, máscaras e maquillaxes propias destas festas.
A entrada á exposición costa unicamente 1 euro. A feira está aberta de 12.00 a 22.00 horas

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca