Unhas 13.000 persoas visitaron Expoferta durante os tres días de feira

Data da nova: 27/02/11

A falta de algo máis de dúas horas para o peche do salón, estímase que en torno a  13.000  persoas terán visitado a feira de oportunidades do Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, Expoferta Zonaberta, durante os tres días de feira. Trátase dunha cifra superior á rexistrada o ano pasado, polo que as expectativas da FUNDACIÓN FEXDEGA e Zonaberta, coorganizadores do evento, atópanse totalmente satisfeitas.

 So na xornada do venres rexistráronse máis de 1.800 persoas, cifra que foi superada amplamente na xornada do sábado, cando se abarrotou o recinto feiral e se chegou a superar as 4.500 persoas, e tamén na do domingo, cando incluso se chegaron a rexistrar colas para acceder a nave de exposicións. En concreto, a tarde do domingo foi cando se recibiu un maior número de visitantes, que non se pode concretar porque seguían a entrar no momento de redactar este comunicado, pero xa se superan amplamente as 6.000.

 A organización considera un éxito a celebración desta feira tanto en número de expositores (inscribíronse 65 establecementos comerciais) coma na cifra de visitantes.

  Expoferta Zonaberta caracterízase pola venda de marcas de calidade. Hai que lembrar que os descontos acadaban un 80% e que algúns establecementos vendían por debaixo do prezo de custe co fin de liquidar as súas mercadorías.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca