Despois dun complicado proceso de xestión e un obrigado recorte de presuposto, chegou o momento mais esperado por os mais cativos da casa. Galinfancia, o salón dedicado ás atracción infantís, abre as súas portas no recinto feiral de Fexdega

O recinto de Fexdega inaugura asta tarde Galinfancia

Data da nova: 27/12/11

Organizado por o Concello de Vilagarcía, a fundación Fexdega e o grupo Muéstralo, o evento permanecerá nas instalacións de A Maroma ata o venres, en horario de 16 a 21 horas. O número de xornadas reduciuse fronte a edicións anteriores nas que cubrían practicamente todo o período vacacional. La idea, sen embargo, é facilitar a participación dos nenos, especialmente dende o punto de vista económico. Así, mentres en anteriores ocasións os rapaces debían pagar por cada unha das atraccións, agora só farán fronte a unha entrada de 3 euros que lles dará dereito a gozar de todas as propostas a súa disposición durante unha tarde enteira. Os pais e, en xeral, os adultos que se acheguen a Fexdega non terán, en cambio, que desembolsar cantidade algunha por acceder o seu interior. A medida persegue, segundo a organización, que «poidan gozar dunha tarde completa de ocio sen ter que abonar un precio elevado por elo». Durante as cinco horas nas que Fexdega permanecerá aberta cada tarde, funcionará tamén o servizo de cafetería. Non obstante, o verdadeiro interese da iniciativa se centra na oferta de diversión para os rapaces. Neste sentido, os nenos terán a súa disposición un inchable xigante con forma de monopatín, porterías inchables nas que poderán por a proba a súa puntería co balón, unha loita de xustas entre espadachíns e un pegamoscas. A todo elo súmanse espazos para o deporte, como un campo de fútbol 3X3, porterías, tenis de mesa, bádminton e unha primeira iniciación ao golf que a compañía Arousa Golf pon en xogo, instalando un putting and green artificial para os mais pequenos. A inauguración, esta tarde, ás 17.30 horas, no recinto feiral de Vilagarcía. Fonte: La Voz de Galicia

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca