O público poderá seguir mañá as finais de beleza da Exposición Internacional, a 52 Exposición Nacional e a exhibición "Petrus Impact" dende un graderío con capacidade para un milleiro de personas. A alcaldesa de Vilagarcía e a delegada de Innovación inauguraron hoxe as tres Exposicións caninas que se celebran este fin de semana en Vilagarcía


Un Welsh Corgi Pembroke, de Portugal, mellor exemplar da 51 Exposición Nacional Canina que se celebra en FEXDEGA

Data da nova: 12/04/08


A 51 Exposición Nacional Canina, a 52 Exposición Nacional Canina e a 21 Exposición Internacional Canina abriron hoxe as súas portas no Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, da man da alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García Giménez, da Delegada de Innovación e Industria, Montserrat Prado Cores, a vicepresidenta segunda de FEXDEGA, e xerente en funcións do Recinto, Rosa Abuín, entre outras autoridades.

A xornada inaugural contou coa presenza de centos de persoas que se deron unha volta polo recinto dende as 9.00 da mañá e seguiron o certamen monográfico de boxer e as probas de beleza do concurso nacional, así coma a exhibición de cans da Garda Real, que tivo lugar pola tarde.

Un can de A Coruña ficou terceiro

Nas probas de beleza resultou gañador da 51 Exposición Nacional Canina un welsh Corgi Pembroke, traido de Portugal. En segundo posto figura un Cocker Spanier Americano, de Zaragoza, e, en terceiro lugar, un galego, un chihuhua pelo longo, procedente de A Coruña. Un galgo español, de Granada, resultou catalogado coma o mellor das razas españolas.




O presidente da Sociedade Canina Galega, Manuel Mera, manifestou que o Recinto Feiral FEXDEGA é o preferido por moitos dos seus asociados para concurrir aos concursos caninos pola proximidade á cidade, así como pola área xeográfica onde se atopa ubicado, onde se concentran moitos dos socios deste entidade.

A exposición continúa durante toda a xornada de mañá, cando se disputarán os concursos de beleza internacional e a 51 exposición nacional. Tras finalizar estos concursos volverá a repetirse a exhibición "Petrus Impact", que foi seguida durante a xornada de hoxe por numeroso público.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca