PRENSA ACUI: As universidades darán a coñecer o último en acuicultura
Data da nova: 21/04/2008
No marco da III Feira Internacional de Acuicultura, ACUI 2008, que se celebrará durante os días 3, 4 e 5 do vindeiro mes de xuño na localidade galega de Vilagarcía de Arousa terá lugar o desenvolvemento dunhas Xornadas Técnicas coas que se pretende dar resposta ás necesidades e inquietudes actuais do sector.
Durante os tres días de duración de ACUI 2008, os asistentes ás Xornadas Técnicas, poderán asistir á exposición de temas de gran interés tanto para o propio sector da acuicultura coma para outros axentes socioeconómicos.
Desta maneira, temáticas coma a biotecnoloxía (Universidade de Santiago de Compostela), sostenibilidade (I.E.O.), a gestión integrada das zonas costeiras (Universidade de A Coruña), a perspectiva empresarial da investigación acuícola (CTAQUA) terán cabida en ACUI 2008.
Igualmente tanto a Fundación INNOVAMAR como GAIA, Asociación Cluster de Telecomunicacións a través do proxecto Eurolatsea que mide as capacidades tecnolóxicas no sector acuícola, terán o seu espacio no desenvolvemento das Xornadas Técnicas os días 4 e 5 respectivamente.
O último día de ACUI 2008 a Sociedade Española de Acuicultura, S.E.A., celebrará a súa asamblea. Con anterioridade o seu presidente, Daniel Baez, dará unha conferencia sobre as posibilidades de aplicar unha normativa á acuicultura española tomando como precedente o estandar Noruego NS9415E.