Data da nova: 15/05/08

Cando falta medio mes para a inauguración de ACUI 2008, o próximo 3 de Xuño, séguese a confirmar o grande poder de convocatoria que este evento ten acadado na que será a súa terceira edición.

Se nas anteriores edicións a acuicultura de América do Sur tiña estado ausente, nesta terceira edición contarase coa presenza de ACUNAL (Asociación Nacional de Acuicultores de Colombia) que xunto a CENIACUA (Centro de Investigación de la Acuicultura de Colombia) participará activamente en ACUI 2008 e representará á industria camaroneira de Colombia.

A participación colombiana non se limitará únicamente a expor se non que incluso durante a xornada do día 5 participará nas xornadas técnicas coa conferencia titulada "Pasado, presente e futuro da acuicultura de Colombia".

Por outro lado nos últimos días tense confirmado a participación de dúas novas empresas: Cultivos de Mojarra de Andalucía, S.L (CUMOAN, S.L.) e Comercial de Acuicultura Delamar, S.L. que procedentes de Andalucía presentarán na feira tanto o producto coma a tecnoloxía acuícola desenvolvida e que ten situado á acuicultura andaluza coma un dos referentes do sector acuícola español.

Nestes últimos días de contratación, explican dende a organización, tamén cabe destacar a participación de dúas empresas de maquinaria, HVALPSUND NET A/S de Dinamarca e a italiana TEAM MARE SNC co que reafirma coma a feira monográfica de acuicultura máis importante de Europa.

Con estas últimas incorporacións as empresas extranxeiras que participan en ACUI 2008 representan a dAata de hoxe un 20% do total dos expositores.

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca