A cita arranca con Campionato Galego de Parellas Mixtas


Mañá arrancan en FEXDEGA os torneos nacional e internacional de dardos electrónicos

Data da nova: 03/07/08

 

 

            O Recinto Feiral FEXDEGA, de Vilagarcía de Arousa, albergará a partir de mañá, venres, e durante tódolos fins de semana do vindeiro mes de xullo os Campionatos Galego e Internacional de Dardos Electrónicos, un torneo inédito tanto na nave feiral de Vilagarcía coma no que se refire á comunidade autónoma de Galicia, xa que é a primeira vez que se celebran aquí probas similares.

 

            O evento, no que participarán 10.000 xogadores, contará con máis dunha ducia de probas repartidas entre o venres 4 de xullo e o domingo 6; o venres, 11 e o domingo, 13; o venres, 18 e o domingo, 20; e o venres, 25 e o domingo, 27.  Estímanse medio milleiro de participantes en cada xornada.

 

            Respecto ás disputas que terán lugar este fin de semana, mañá, día 4, disputarase o Campionato Galego de Parellas Mixtas. Ás 20.00 horas, será o rexistro de acreditacións, entre as 20.00 e as 22.00 serán os adestramentos libres e ás 22.15 comezará o torneo.

 

O sábado, día 5, data en que se disputará a final do Trofeo Bote FEGADE, as acreditacións rexistraranse ás 16.00 horas, ás 17.00 serán os adestramentos libres e ás 18.15 o comezo do torneo, mentras que o domingo, día 6, data para a Selección do Campionato Infantil e Xuvenil (06 a 16 anos) e para a final do Trofeo Bote FEGADE femenino, ás 10.00 será o rexistro de acreditacións, os adestramentos comezarán ás 10.30 e ás 12.00 comezará a selección. Pola tarde, ás 17.00 horas rexistraranse as acreditacións, ás 17.00 horas serán os adestramentos e o torneo comezará ás 19.30.  

 

            O público que o desexe poderá acceder ao Recinto de xeito libre para seguir as competicións dende as gradas, que se instalarán para este evento no interior da nave feiral de FEXDEGA.   

Concello de Vilagarcia de Arousa Diputación de Pontevedra A Banca